Páginas

domingo, 11 de noviembre de 2012

Demasiado castigo para un Porteño que dou a cara ata o final







Esta pasada tarde de sábado, os cadetes do Porteño recibían a súa primeira derrota ante un Xallas de Sta Comba que según nos comentaba o seu técnico, a diferencia dos anteriores partidos disputados viña con dous importantes reforzos provintes da Liga Galega, especialmente o nº 9, que o Negreira  non quería soltar. Pola contra, o Porteño recibía de última hora a baixa por lesión dun central indispensable como é Miguel e foi necesario o cambio no sistema dos locais. Antes de que lles dera tempo de familiarizarse nos seus respectivos sitios, dous fallos en defensa propiciaban os 2 goles que adiantaban ao Xallas en menos de 10 minutos pero para nada se arrugou o Poteño ante un equipo visitante moi físico e loitador, unha escola de fútbol fusionada entre o Xallas e o Sta Comba que sempre apunta a estar nos postos altos. O Porteño tivo que remar a contracorrente durante 70 minutos nun céspede da grixa que lamentablemente non pasa polo seu mellor momento e sobre todo para estes chabales que só poden pisalo cada 15 días. Na 1ª metade o dominio foi visitante e cun resultado de 0-3 e de novo non se pitaba un penalti clamoroso sobre Josiño que de marcalo podería restar diferencias para os locais antes que rematara a 1ª parte pero non se viñeron abaixo e xa nunha segunda metade, prácticamente dominada polos pupilos de Ordóñez, Michael, mandaba un tiro ao travesaño de falta directa que aproveitaría o rechace un loitador David introducindo o balón dentro da portería visitante e comenzaban a crer na remontada co 1-3. A partires dese momento, o adestrador rival, bastante nervioso e sempre encima do árbitro indicándolle o que tiña que pitar (coincidindo plenamente), vío que se lle compliacaban as cousas cando o banquillo porteño adiantaba a Michael, centrocampista ata ese momento do partido e retrasaba a un Álvaro que conectou perfectos balóns con este e cun loitador e rápido David que constantemente fabricaban ocasións de gol. Dominaba xa o Porteño o partido e de novo o travesaño e o porteiro sacaban in extremis dúas xogadas elaboradas de novo por Michael e que polos pelos non chegaría ao rechace David. Tiña dinamita para frear a este Xallas o Porteño pero na maioría dos casos os balóns en profundidade eran prácticamente incontrolables cando botaban en certas partes do campo e por alto os visitantes aproveitaban a súa condición física. Cando todos estaban volcados na portería rival, recibían outro mazazo a saque de esquina pasando 4 minutos do desconto e o Xallas firmaba o 1-4 final. Demasiado castigo por todo o que se víu no partido, cun xogo limpo, con caídas que únicamente eran producidas polo falso firme e con moita deportividade entre ambos equipos. Dou a cara o Porteño e leva unha línea de traballo admirable. A vindeira semana visitan o tamén difícil campo do Cabana que ven de perder co Carnota por 2-1.  Vamos Equipo !!

O árbitro; Regular (non pitou un penalti ao Porteño ((Josiño)) e desentendeuse dunha clara falta a David no borde da área xalleira). Nos diferentes términos xerais estibo ben a pesares que daba a sensación que os grandes (en presuposto) teñen peso desde os banquillos xa antes do pitido inicial.


Nome: Damián López Pousa 
Idade: 15 anos
Localidade: Ponte do Porto
Ubicación: Defensa Lateral Dereito












1 comentario:

  1. O partido non estuvo mal... pero co penalti non pitado o partido poderia ser outra cousa

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo