Páginas

domingo, 4 de noviembre de 2012

Liga Cadete: Empate xusto entre o Muxía F.C e o Porteño F.C






Día apacible e de trato exquisito por parte dos nosos veciños da vila da Barca neste segundo encontro da liga cadete. Non estibo o Porteño no seu nivel no partido que se celebrou esta mañá de sábado no irregular terreo de xogo da Arliña ante un remozado Muxía que foi quen de prantarlle cara ata o pitido final. Siguen invictos os pupilos de Ordóñez pero o partido de hoxe é para sacar conclusións de que non se pode sair durmindo e máis cando se trata destas categorías. A pesares de que o Porteño se adiantaba no marcador cunha excelente xogada e podendo sentenciar con tres clarísimas ocasións de gol que perdonaban na primeira metade, os locais non tiraron a toalla e a balón parado empataban un encontro que incluso poideron remontar nos últimos minutos cunha clara ocasión de gol que sairía rozando o pao de Brais. Agora sí, a pesares de que non foi un bo partido para o Porteño, demostraron ante un correoso Muxía (con algún xogador retornado das escolas deportivas do Dumbría) que non será doado derrotalos porque confiando na liña ascendente en canto a preparación física se refire, terán moito que correr os rivais para conseguilo. Hai banquillo e iso é bo para un Castro que semana a semana prepara un completo equipo porque homes como Alex, Antonio, etc, si queren teñen osíxeno para os máis habituais. Destacar a boa actuación do central Miguel durante 80 minutos. Foi reclamado un penalti cando Josiño recibía unha sonora falta dentro da área do Muxía. A vindeira semana o Porteño recibe a un dos favoritos deste campionato, o Xallas de Sta Comba e salvo cambios de última hora, o partido será en horario de tarde (deberían ser todos).

O árbitro: Regular a Mal. Pitou demasiadas faltas inexistentes para ambos equipos e non sinalou a máis clara do partido que sonou ata nas gradas muxianas. Comprendendo a dificultade que teñen os árbitros ao non contar con xuíces de liña, anulou un gol por suposta posición ilegal e pitou dúas foras de xogo inexistentes ao Porteño cando se prantaban na portería rival. A pesares de todo, supo moderar o partido, hainos peores.
Anécdota: É unha mágoa que o terreo de herba natural destes dous equipos non teñan o ideal mantemento.
 Goles: 1- Porteño (David)
           1- Muxía (Jose)

                              
                      A seguir traballando.........Aupa Porteño!!


                                                          Nome: Gonzalo Arén Pose
                                                          Idade: 15 anos
                                                          Nacido: Carantoña
                                                          Situación: Defensa lateral esquerdo
                                                        

                                          Pincha nunha imaxe para ampliar a galería fotográfica





























                                 DESEXÁMOSLLE A " MATÍAS " UNHA BOA RECUPERACIÓN

2 comentarios:

  1. eu creo que podia ser outro resultado se nn chega a ser polo arbitro...

    saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tes razón David pero weno, agora xa foi, non pasou nada, ánimo e gracias por comentar campeón........Mikel

      Eliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo