Páginas

martes, 8 de enero de 2013

9 meses de veda para un dos mariscos máis preciados da Costa da Morte "o tacatá"


No medio da enorme riqueza que conteñen os  xentilicios polos diferentes puntos da nosa Bisbarra atopamos un nome "made in Camariñas". Coñecido comercialmente como Santiaguiño, o "tacatá", chamado así na nosa vila está considerado como un dos mellores mariscos de Galicia. Non abundan, sobre todo os de caparazón avermellado e isa é unha das razóns polas que se siguen activando prolongadas vedas. Desde este pasado 1 de xaneiro  e ata o próximo 30 de setembro están vedados. A súa extracción de forma ilegal acarrea unha das multas máis elevadas do sector pesqueiro.

O Tacatá vive entre 3 e 50 metros de profundidade no medio das grietas que hai no fondo rochoso do Mar Cantábrico e Océano Atlántico. Ás veces refúxianse en fondos areosos pero normalmente fano os tacatás de cor grisáceo (de menor calidade e menor precio). Teñen hábitos nocturnos e polo tanto durante o día agóchanse de posibles depredadores. As dúas antenas que teñen rematadas en forma de paleta son cas que cavan e removen os fondos en busca de pequenos moluscos e organismos dos que se alimentan. O tacatá vermello está considerado como un dos mellores manjares que nos brinda o noso sistema... contén; potasio, magnesio, fósforo, zinc, proteínas e vitaminas B1 e C. Son decápodos (10 patas) e a talla mínima de comercialización é de 9 cm. A súa cocción con auga do mar anivela a cantidade exacta de sal que necesita (como os demáis mariscos). O seu prezo non sole baixar de 50 euros kilo na lonxa (os vermellos). Non se sabe a ciencia certa por qué se chaman "tacatás" en Camariñas (o único sitio do mundo) pero segundo varias versións que coinciden son que unha vez capturados coas nasas, non paran quietos, están dándolle á cola e facendo tacatá, tacatá como ruído de fondo. O que sí se sabe é por qué o seu nome comercial a nivel nacional é "Santiaguiño", unha vez cocidos, á altura da súa cabeza queda debuxado e perfectamente marcada a Cruz do Santiago Apóstolo. Foi o marisco máis valorado polos lectores de Camariñas Directo nunha enquisa por enriba de mariscos como o percebe, centola e nécoras. Estas últimas tamén chamadas localmente "lavañeiras", que por certo, tamén están vedadas desde o pasado 5 de xaneiro ata o 30 de xuño.

1 comentario:

  1. Os tacatás, ben son merecentes dunhas vacacións como todo fillo de veciño.
    Estes preciosos animaliños, son un manxar que non debe desaparecer dos nosos mares. Dios queira que, por moitos anos, poidamos, inda que sexa en raras ocasións, degustar este " bocato di cardinale "

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo