Páginas

domingo, 6 de enero de 2013

Malestar dos veciños de Camariñas pola placa que ostenta a Virxe do Carme


Desde o pasado 22 de decembro do 2012 o paseo marítimo de Camariñas luce unha preciosa estatua venerando a imaxe da Virxe do Carme. Unha virxe moi presente nos corazóns dos camariñáns dado o  arraigo mariñeiro en todas as familias ou descendentes deste rincón da Costa da Morte e Capital do Encaixe por excelencia. Perfectamente esculpida en pedra, o 99% dos comentarios que se escoitan a pé de rúa (os que realmente importan e non os de título persoal) son que a "placa" que menciona os nomes das persoas que compoñen a Comisión de Festas sobraba, mellor dito, que tería que estar posto o agradecemento do "pobo camariñán" á patroa que guía aos mariñeiros ou simplemente Comisión de Festas porque consideran que os que realmente pagaron isa "gran iniciativa" foron os donativos de cada un dos camariñáns que "adoran" á Reina dos Mares e que incluso nomes de outras persoas "realmente" importantes no desenrolo da vila non quixeron colgarse medallas. Podería tratarse dunha simple opinión ou de 60 ou 70 e pasalo por alto pero prácticamente "ninguén" está dacordo con dito letreiro e son varios os lectores que querían ler algo neste humilde buque con venas de salitre ao respecto. Un detalle que empaña a gran iniciativa convertida en obra de arte en homenaxe á Virxe máis querida e viva na alma de cada un dos habitantes do noso concello, daí a importante e histórica  tradición todos os 16 de xullo.

6 comentarios:

  1. CARME

    Nosa raíña dos mares,
    Virxe do Carme bendita,
    este pobo che acredita
    a naiciña dos fogares.

    Coida a teus fillos dos males,
    por que ás nosas nais te imitas;
    sendo ti das mais bonitas
    raíña, estela dos mares..

    Levas os mesmos andares,
    cando na espuma levitas,
    que os rezos por teus altares.

    E, nas noites nos invitas
    a contarche nosos males,
    e, soñando, nos visitas.

    Antonio Puertas.

    ResponderEliminar
  2. So quero deixar a miña opinión neste asunto, sin ánimo de ofender a nadie.

    Eu creo que a intención da Comisión de Festas non foi intencionada. Explícome, a Comisión representa o Pobo, polo tanto se a dona a comisión enténdese que quen a dona e o Pobo. Supoño que así é como o plantexaría.

    De todas formas, quedaría mais claro, si no texto puxese:

    “Imaxe Virxe do Carme
    patroa dos mariñeiros
    doazón do Pobo de Camariñas
    a través da Comisión de Festas
    do Carme 2012 – 2013”

    (Fernando L., Pedro P.,
    Luis R., Ruben L., Adrián P.,
    Maite C., Bieito M.)

    Tamén é certo que si a comisión non a donase (e repartise os cartos) , estaríamos sin a Imaxe da nosa Virxe. Así que non sei....

    Unha opinión e unha aperta,

    ---Estu---

    ResponderEliminar
  3. Eso de repartir os cartos penso que seria inapropiado porque entonces poñerianse a altura de algunhas comisions,penso que os cartos sobrantes son pas proximas festas,o dos nombres na imagen por un lado penso que e merecido polo gran labor que fai esta comision y por outra parte eston dacordo que esos cartos son do pueblo para poder facer eso dos nombres terian que ser cartod propiamente postos por eles,a verdad fose como fose e unha cousa que esta moi ben e cada quen opine o que queira porque de todas todas sabemos que jamas chove o gusto de todos,esta e a miña opinion.

    REIRA

    ResponderEliminar
  4. Como se di na noticia a estatua esta muy ben pero por respeto a todalas comisions de festa e en respeto os camariñans non tiña que estar o nombre deles porque eso sobraba esta e a miña opinion

    ResponderEliminar
  5. eu como mariñeiro a miña opinion e que xa sabemos que e un gran esforzo pedir para as festas do carme,pero tamen o e para moitas familias aportar os cartos cada ano para ter unha das mellores festas de galicia,dito esto,xa que foi o pueblo quen dou os cartos,a este debe de ser dedicada a imaxe do carme,sin nome algun,pois si anteriores comisions tuvesen tamen esta iniciativa,non caberian tantas estatuas no pueblo.hai que ser humildes,o traballo da comision foi estupendo,xa o sabemos,non o estropeemos con politica.

    ResponderEliminar
  6. amin pareceme mal que esteen o nonbre da comision de festas agora cada 1 e cada 1

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo