Páginas

domingo, 20 de febrero de 2011

Cando o mar e o encaixe se alían e a man humana os converte en arte


                                                                                                                                                                                      

Cando nos principais medios informativos nacionais  anunciaban  o enlace do Príncipe Don Felipe de Borbón coa periodista Doña Letizia Ortiz, Camariñas mediante o Concello, obsequiaba con este precioso barco (réplica do Juan Sebastián Elcano) con velas decoradas en encaixe aos noivos...Na familia Real considéranse amantes do mar e dos barcos. Curiosamente, a orixe do encaixe máis famoso do mundo din  que naceu en Venecia e chegou en barco a Camariñas tamén. Un navío italiano alá pola Idade Media naufragaba nas nosas costas. Como agradecemento ao acollemento que recibira en Camariñas e un posible namoramento con un habitante, unha das sobrevivintes no naufraxio ensinou ás mulleres a facer tan preciado labor sendo perfeccionado polas diferentes mans durante centos de anos, unhas mans que agarran e soltan os palillos a unha velocidade que prácticamente non se lle ven os dedos e a dama italiana levaría unha caracola para poder escoitar o son do mar. Esta Semana Santa como ven sucedendo dende o ano 1981,a vila mariñeira voltará a ser o aclamo de miles de visitantes que se asomarán ao corazón da Costa da Morte.Declarada de Interés Turístico, a Mostra do Encaixe XXI xa quenta motores.



Durante todo o ano, os que visiten Camariñas poden atopar preciosas exposicións e venda na mesma fachada marítima.Asociación Palilleiras,Museo do Encaixe,Encaixes María Julia, Gelines etc.A mostra que se celebra cada ano por Semana Santa está presidida pola Raíña Sofía.Fontes moi solventes din que os artífices dunha idea que de seguro poucos imaxinarían que chegara tan alto foron o exalcalde socialista Bautista Santos,a deputada autonómica Marisol Soneira e o estandarte que tanto colaborou e levou ao seu cargo moitos anos dende os inicios,o exconcellal Antonio Alonso Ballester (d,e,p) alá polos anos oitenta (actualmente corre a cargo do edil Sergio Caamaño).Quizáis algún día poidamos ver industrializado o noso encaixe e sexa un factor importante nas economías das artesanas que a día de hoxe xa o é pero non o suficiente polo traballo e tempo que costa facer os pañuelos.Oxalá fructifiquen os diferentes contactos que o encaixe está tendo con importantes firmas do textil como Inditex.Pequenos e grandes diseñadores do mundo da moda española xa sorprenderon nas pasarelas de Barcelona e na India.Franco Quintáns con Novel Modias fixo presenza cunha réplica que lle regalara o pobo de Camariñas á raíña Victoria Eugenia a principios do século XX e facendo delicias no público da cidade Condal.


Na foto Encaixes María Julia,unha das netas ao igual que Encaixes Gelines dunha das mulleres que máis espuxo na fachada marítima cando non existía a Mostra,Doña Sofía Rodríguez (d,e,p) acompañada da señora Lupe.Abaixo o cartel da mostra deste ano 2011,ideado polas propias palilleiras e perfeccionado  polo técnico informático do Concello.Sen ningunha dúbida o producto que leva o nome  por excelencia de Camariñas polo mundo adiante é o Encaixe.

A maior e máis interesante Mostra en vivo de Galicia recibe artesanas de diferentes países do mundo e Xóvenes e Grandes Deseñadores lucirán cas mellores modelos o encaixe nos seus traxes nas pasarelas do recinto feiral.Si ves a Camariñas en Semana Santa,"enfeitizaraste".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo