Páginas

sábado, 12 de febrero de 2011

Nova fichaxe no mundo da política en Camariñas

O futbolista camariñán Juan Cabrejo Pasantes (26-5-1975) máis coñecido como Juanillo, ficha polo Partido Socialista de Camariñas. A pesares de que o seu nome non sonaba en ningunha quiniela, o xogador da vila dos encaixes ocupará o número 3 da lista presentada polo PSdeG-PSOE. Lateral esquerdo nos terreos de xogo, agora comeza unha nova andaina e curiosamente tamén pola banda esquerda. Persoa sociable, amable e querida para esta redacción, unha por ser un xogador e persoa exemplar e outra polo vínculo familiar que nos une. Juanillo, dende Camariñas directo desexarche moita sorte nesta nova andaina. Cabe salientar tamén a incorporación nun posto máis abaixo e que cerra as listas da xoven coñecida Mayte Castro Carril, Maytinha, un diamante por pulir.



Fai varias semanas que poderíamos decir que o outro Cabrejo deixaría o seu posto por razóns persoais, nunca por problemas ca actual corporación como llo confirmou a mesma persoa a Camariñas Directo pero tampouco somos nós ninguén para decir os motivos, sexan familiares, sexan de saúde ou cales foran deixando ao mesmo interesado a opción de decilo ou non onde e cando queira.

                                            (Fotos amosadas no  Facebook de Juan Cabrejo)

O xogador natural de Camariñas e colaborador incondicional da sección de Deportes da gran web camariñana Camariñas.eu, formou plantel por primeira vez no Compostela S.D en Segunda División do Fútbol Español no ano 1998.Na tempada 2000/01 no Eibar S.D e pasou tamén polos Clubes do Eibar e do Elche.No 2005 fichou polo Cartagena e no 2009/10 no seu actual club, o Cerceda C.F. Agora, ficha polo Partido dos Socialistas de Camariñas...Sorte Juanillo!!



8 comentarios:

  1. suerte juanilloooo,,,,vamos ter un crack,,,jejeje,,,,

    ResponderEliminar
  2. Deseoche toda a suerte do mundo Juanillo.

    ResponderEliminar
  3. Moi ben o block,con noticias que interesan o pobo,eres un artista.Moita sorte nesta nova faceta de xornalista.un saudiño

    ResponderEliminar
  4. Deseoche moitisima suerte nesta nova andaina!!!!
    Xa temos enchufe pa coller o pabellon !! Haha broma.
    Suerte Pelu!!

    ResponderEliminar
  5. aver ajuanillo deseolle o mellor do mundo e con el bamos ajanar ala viva juanillo suerte de parte de sefa e os pedros a mikel para poñer vidios aqui podese poñer como de mo mento non sei muito poreso perunto e bueno mikel fas majas

    ResponderEliminar
  6. juanillo,desearche muita suerte en todo que fajas.un saludo para esta familia.que justo cada ves somos mais-

    ResponderEliminar
  7. La verdad es que eu no veo a Juanillo en esta nova faceta.
    Pero cierto es que alguna vez te llevas sorpresas mui gratas de quen menos te esperas.
    Que tengas muita suerte Juanillo.

    ResponderEliminar
  8. Este creo que e un dos grandes problemas dos partidos politicos en xeral dun ou doutro lado.

    Desexolle sorte a Juanillo si gañan, pero falando en xeral un concellal debería ser un gestor, alguen que sepa o que fai.

    Non digo esto por Juanillo, senon polas politicas localistas de ambolos dous partidos que so buscan facer fichajes que traían votos sin importar cualidades nin programas, que si Juanillo o fai que si o fai igual de ben de como xogaba un ole por el.

    (Proverbio Chino:Si quieres que algo se haga, encárgaselo a una persona ocupada.)

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo