Páginas

miércoles, 16 de febrero de 2011

O Temporal que azota duramente á Costa da Morte comezará a remitir mañán

Esta noite que pasou e como ben viñan anunciando os diferentes partes meteorolóxicos,as ondas alcanzaron unha altura de máis de 8 metros na nosa costa.Cando un se asoma ao mirador por excelencia dos mariñeiros "O alto da vela" e ve como o mar rompe por todos os rincóns onde normalmente traballan a diario as embarcacións de pesca pensa dúas cousas...pobre do que colla ahí,mil vidas que teña,e outra...esto faille ben ao mar,polo menos descansa,cría e atraca peixe de fora.Onte e ante máis de 15 coches no mirador,as palabras dos mariñeiros eran "mimá,que vaja de mar",practicamente entrar na Ría de Camariñas para buscar abrigo era imposible.Parece ser que o tempo pronto comezará a cambiar e para a semana que entra a flota pesqueira poderá salir a faenar algún dia.


¿Qué cor ten o mar?...uns din azul polo reflexo do ceo,outros transparente pero en días de temporal,o mar,a mar que nin sequera ten xénero definido de sí masculino ou feminino, depende en que língua se diga, ten a cor branca como a espuma.Esa mesma espuma que fai encaixe onde bate con bravura.Ou acaso esto da foto que se ve abaixo non é encaixe?








Fotos:Camariñas Directo.

1 comentario:

  1. inda que sexa temporal da gusto poder ver ese paisaxe da nosa costa,bonitas fotos mikel

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo