Páginas

viernes, 18 de febrero de 2011

Raíces de Camariñas por América


De todos é sabido que a igrexa de San Xurxo en Camariñas posúe un dos mellores exemplos de arquitectura da comarca. Con unha fachada de perpiaños de granito e os seus retablos maior(presidido pola Virxe do Carme e San Xurxo montado a cabalo), esquerdo (o da cruz, Xesús atado á columna e Nazareno) e dereito (a Dolorosa), foron esculpidos polo moisés D. Jose Antonio Suárez Ferreiro que se formou con D.José Bambino. Do século XVII (1747-1758) e de estilo Barroco, este precioso monumento ten detrás unha peculiar lenda, foi donada por un indiano ubicado en Buría e que a pesares de non estar aínda probado fixo as américas dunha maneira curiosa. Unha vez se fixo rico e como agradecemento a Deus e ao pobo camariñán onde vivía, donou os cartos para o seu levantamento e rematou na mesma pobreza que antes de partir e cousas da vida está subterrado baixo o altar. Poucos datos e un pequeno resumo de Domingo Antonio Domínguez Canosa...


Un veciño que non quer sair nestes medios e que ten no seu poder varios documentos moi antigos,confirmou que unha persoa maior en Camariñas recibíu fai uns anos na súa casa a periodistas de Barcelona que desexaban imperiosamente saber máis do doante dos cartos para a construcción da Igrexa, non polo feito ese senón que estaban indagando en quen fora o español que levara a América a primeira planta da uva.Sabían que era indiano e que estaba ubicado en Buría. Juán e Salvador tiñan aquí en Camariñas unha fábrica de tellas e poñíanas a secar no campo do cotro onde ainda se conservan restos. Usaban varios muíños de auga que están na zona alta de Buría e antes de chegar ao lugar do cotariño,as ruínas desdes muíños están á dereita da actual carretera que leva a Pión.Estes irmáns desfixeron a compañía e un deles emigrou a sudamérica levando  consigo racimos de vide e comezou a expandir as plantacións por moitos outros lugares de centroamérica e facéndose de ouro. Antonio Domingo unha vez se enterou tamén intentou facer o mesmo pero por centroamérica xa chegara o veciño camariñán, tan importante naquelas terras que hai unha rúa adicada aos Xoán e Salvador  Vázquez Carril. Domingo non lle quedou outra que intentalo doutra maneira e formou unha empresa de carruaxe para correos da zona. Gañou moito diñeiro e fixo o testamento para levantar a Igrexa de San Xurxo e tan só unha cousa se incumplíu, o seu nome en buratos na fachada. Membros da comisión de festas de San Xurxo puxeron unha placa diante da casa que o veu nacer en Buría.

A pedra para o seu levantamento extraíuse da parte esquerda do mirador do alto da vela onde se ve perfectamente un enorme socavón cuberto a día de hoxe  pola maleza...



4 comentarios:

  1. Hola mikel siempre soupen que eras un krak en todo que decias e facias,a paxina esta moi moi ben e sen que cada dia estara mellor,as tuas poesias relatos etc siempre me gustou leelos eres unha persona que sabe o que di e fai salu2 veciña noraboa e moita sorte que seguro que si a teras.
    (((((((((((((REIRA)))))))))))))))

    ResponderEliminar
  2. fantastico como sempre.
    como di karina,fas mocas.

    ResponderEliminar
  3. Interesante esto que contas,eu non o sabia e está muy ben q nos enteremos do noso pasado,noraboa Miguel.

    ResponderEliminar
  4. interesante artigo.enoraboa por tan ben traballo

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo