Páginas

sábado, 5 de febrero de 2011

Reportaxe: "Unha camiñata polo paseo dos Señores"

                De fondo o Castillo Soberano, os seus restos seguen vixiando á Ria de Camariñas

Nestes días de inverno como o de hoxe, onde o sol está relucinte e un busca a armonía ca natureza e  ao mesmo tempo  alimentar as retinas con unha paisaxe impecable,  nada mellor que bordear calqueira rincón dos moitos que temos polo noso entorno. Neste caso, unha camiñata  entre  a olor a eucalipto que desprende o "paseo dos señores", frecuentado por vellos lobos de mar como o Señor Antón que se mezclan con outras personalidades en calqueira punto dun pinal e alí ante os catro ventos, charlan de todo un pouco enfundados en tranquilidade. Pero non todo é bonito cando un se atopa con algo tan abandoado, á sorte de Deus, en concreto na Punta da Villueira (Punta da Biulleira para os mariñeiros).Pincha abaixo se queres adentrarte un pouco nesta pequena reportaxe.



A ruta comeza pola zona de atrás do coñecido Barrio do Campo onde nos vamos adentrando entre o verde perfectamente moldeado escasamente pola man do home e sí máis pola climatoloxía. Unha olor a eucalipto que o corpo comeza a agradecer  cando se adentra polo sentido do olfato é o primeiro que nos brinda este   natural e case virxe camiño. Rutas agochadas que foron usadas para todo tipo de aventuras...Escapados e refuxiados, xornaleiros e contrabando e todo  gracias ás espectaculares vistas que ten sobre parte dos tellados de Camariñas e totalmente o seu Porto.

Fonte
                                                                                          Facemos unha parada nunha fonte moi peculiar e pequena que está ubicada no medio das pequenas praias de Portocelo, que de praias quédalle pouco, os bolos e diferentes pedras remontan as escasas areas que solo se poden ver cando son mareas baixas. A forza do mar e as correntes mariñas fan que se produzcan estos fenómenos, curiosamente ata estas praias  chegan   obxectos de todo tipo e incluso afogados dende moitos Kilómetros de distancia  (exemplo as víctimas que chegaron dende un río de Portugal polo accidente dun autobús). Para que iso sexa posible, as corrientadas da ría teñen que facer un xiro de 90 grados na mesma Punta da Villueira. Abandonamos as praias e vemos correr  auga da peculiar fonte que ainda a día de hoxe é carrexada polas xentes do pobo debido a súa pureza,  alí verte dia e noite sempre fresca, por un pequeno tubo de plástico gris e desembocando no mar.


Praia grande de Portocelo
Camiñamos uns escasos 100 metros máis e chegamos a un enclave único adentrado na nosa Ria, na mesma Punta da Villueira albergouse unha cetárea que funcionou a pleno rendimento fai varios  anos. Na actualidade, esta cetárea de mariscos coñecida por todos como "A cetárea de Eloy", está no abandono total, sen porta, con unha enorme piscina de auga salada dentro...Perigosa para os que se adentren e teñan un mínimo descuido. Un pedazo de  preciosa Costa golpeada polo feísmo do abandono total, en fin, unha pena...Na entrada (sen porta) tan só unha pintada na parede... "Prohibido o paso, propiedade privada"

                                                                                                                                                                               
                                           
                                                     

                                                        




























                                                   

7 comentarios:

  1. Bonito blog! Felicitovos por esta páxina que cada vez que entro encantame leela un saudo a todos os lecores! Por certo as imaxes preciosas Mikel!!

    ResponderEliminar
  2. penso que esto empesa moi ben.unhas fotos diferentes as que estamos acostumbrados.
    ESTO LLEVA MUY BUEN RUMBO.
    un saludo a esta nueva familia.

    ResponderEliminar
  3. muy bonito si señor asi animos mikel

    ResponderEliminar
  4. gracias por hacerme recordar los paseos de mi infancia....muy bonito
    no sabia de esta pagina...volveré

    ResponderEliminar
  5. eu non coñecia esto,graciñas por mostralo,as fotos moi fermosas...moitos ánimos

    ResponderEliminar
  6. Siempre me justou este paseo,bonito recordalo,e pa outros dalo a conoser,jrasias Miguel.

    ResponderEliminar
  7. rosa mouzo pasantes29 de marzo de 2011, 9:33

    Encantoume Mikel!!

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo