Páginas

jueves, 24 de marzo de 2011

O barco de Camariñas "Gaviota" despídese do noso Porto




O Gaviota ten 15,2 metros de eslora
O barco de cerco camariñán  o "Gaviota", abandonaba hoxe os cabos do seu morto (amarradeiro). Cando un ve marchar un barco que estivo tantos anos entre nós (25), a verdade sea dita a mágoa percorre as retinas. Cantos mariñeiros neste tempo ahí embarcados, cantos recordos, cantas batallas co mar leva nos catres. Para casi todos os mariñeiros, o mellor barco que construiron no asteleiro da Ponte do Porto. Comezou a loitar cos golpes de mar no ano 1986 comandado en compañía polos irmáns Evaristo e Manolo (exemplo de compañía). Nos seus inicios pescaba con artes menores especialmente ca nasa do polbo e foi modificándose ata convertirse en todo un redeiro. O seu novo rumbo xira cara Portosín e posiblemente a non ser que veña por estes mares a pescar ou de arribada, non poderemos ver máis a estampa da portada. En galego oficial Gueivota, Gaivota máis cara Norte, Gaviota en castelán  e  "O Javiota" eternamente  en Camariñas... que teñas sempre bos ventos.

3 comentarios:

  1. que cabron eres mikel,que ben escribes jaja.
    o javiota desearlle muita suerte.

    ResponderEliminar
  2. HOLA MIKEL.JUSTAME MUITO OS REPORTAJES QUE POÑES.E O DA ENCUESTA DO MARISCO A MIN JUSTAMEN TODOS QUE PUXESTES JAJAJA

    ResponderEliminar
  3. fas majas primo sije asi

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo