Páginas

viernes, 11 de marzo de 2011

O CEMENT_ RI_ MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Menos mal que o Río Eo non anda preto de Camariñas senón calqueira podería pensar que as letras que faltan á entrada do novo cementerio municipal da nosa vila foron parar a outro letreiro. É sabido que o aceiro é eterno, que é caro, pero a verdade sexa dita, algún ou algunha enamórase de calquera cousa, ata dunhas simples letras que a fin de contas son de todos.                                                                                




Despois de tres días onde prácticamente o tempo que sobraba era para durmir unha vez rematadas as intensas xornadas de pesca deste redactor, onde tamén de antemán vas as disculpas por non poder moderar antes un par de comentarios, hoxe e nesta entrada, queda este detalle nas inmediacións do cementerio. En tempos de crise que corren, un xa non pode deixar nasas soltas de ferro porque che aparece o camión da chatarra e sin preguntar as leva, non sería estrano tampouco que un día o campo de fútbol quedara sen luz, os cabres son arrancados de cuajo en concellos lindantes, o preciado cobre é vapuleado a velocidade da luz. Tampouco é que sexan tan custosas ditas letras que faltan á entrada do noso cementerio pero o mobiliario urbano  sale de cartos do peto de todos os veciños aparte de que é un mal detalle, deberíamos ir xa concienciándonos con un pouco máis de cultura nos tempos que corren. En todos os lugares existe bandalismo pero neste caso non está todo claro de que foran chiquilladas. Mentres tanto temos un CEMENT RI  MUNICIPAL EN CAMARIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo