Sempre que hai Lúa chea, as mareas acostuman a ser vivas pero rara vez (cada 18 anos) se pode observar tan preto da terra a este satélite como no día de onte. A súa influencia nas pleamares e baixamares son evidentes pero son varios astrónomos os que aplican esta mesma teoría aos fenómenos acontecidos en Indonesia ou Xapón. Curiosamente en Xaneiro do 2005, a Superluna (con fase nova) coincidía co Terremoto e Tsunami que arrasaban Indonesia e desta vez (con fase chea) co Terremoto e Tsunami no Xapón. Aplican nesta teoría que o comportamento da Lúa pode influir na gravitación electromagnética do Planeta Terra no referente á climatoloxía e desastres. Na práctica e no día de onte, un lembra aquela fermosa serie "Mareas Vivas en Portozás".

Os expertos da NASA, denominan Superluna cando o seu percorrido pola Órbita está a menos do 10 por cen do Perigeo (punto máis cercano á Terra) . No día de onte a Lúa estaba a pouco máis de 220.000 millas de distancia da terra. Este mesmo fenómeno con Fase chea, prodúcese máis ou menos cada 18 anos. Días como o de onte o seu tamaño vese un 15 por cento máis grande do habitual e un 30 por cento máis brillante . En galego sería superlúa pero as cousas chamadas polo nome de quen as bautiza.
 |
A Lúa un día antes do fenómeno |
sije asi mikel con esta sensilles.
ResponderEliminaro reportaxe moi ben.as cousas relasionadas co espasio son mui misteriosas,teñen magia jajaja.
jrasias por entretenerme con o teu blog.
Mikel sabes que son pouco de opinar pero devo decirche que chapo
ResponderEliminar