Páginas

lunes, 25 de abril de 2011

Portos reparaba hoxe a barandilla que cedeu e que provocou unha grave caída a dous veciños do Concello de Camariñas

Fotos: Camariñas Directo
Mentres os dous veciños que sufriron unha grave caída este pasado Xoves Santo nas inmediacións do espigón do porto pesqueiro de Camariñas están a recuperarse, o Ruso do susto e leves contusións e o señor Ramón das graves lesións que sufreu nos pulmóns pola auga tragada despois da caída (desexarlle unha pronta e boa recuperación D. Ramón), parece ser que Portos está levando a cabo unha investigación para intentar saber que sucedeu exactamente e esclarecer uns feitos que de seguro ós accidentados e familiares importalles máis ben pouco nestos momentos todo o que non sexa a súa favorable evolución. Hoxe estaban operarios recolocando no seu sitio a citada barandilla e outra máis que tamén estaba rota á altura do cruce que vai cara a antiga lonxa camariñana. Despois de conversar cunha persoa xubilada que frecuenta a diario o lugar dos feitos entre outros mariñeiros, chegamos á conclusión que primordialmente prima  por encima dos supostos culpables, calquera que foran, a "prevención" na cal os profesionais do mar xogamos un papel moi importante...


Operarios intentando recolocar outra barandilla afectada
Non somos ninguén aquí para investigar nada pero sí para aportar entre todos o noso gran de area para que cousas semellantes a estas, se eviten ou polo menos se reduzcan as probabilidades de que sucedan. Obviar un problema non sería a solución correcta ou eso se cre dende aquí...Na foto, operarios con taladro en man preparaban a base onde se vai colocar unha segunda baranda afectada. Vivir o día a día entre o Porto e departir palabras, formas de ver de diferentes profesionais activos e xubilados do mar,  á conclusión máis axeitada a que se chega é a seguinte:
A barandilla onde se producíu o accidente
Posiblemente en algunha barandilla do noso amplo paseo polo peirao e diferentes zonas portuarias, ás veces vense amarrados os cabos de embarcacións lixeiras (mal amarradas) e normalmente os propietarios deixan de facer estas malas costumes cando se achegan borrascas importantes. No caso da barandilla que cedeu, non sucedeu dita versión e sí outra que podería corresponderse co feito de que ao longo da cara do Club Náutico e ata o paredón final do peirao novo, é unha zona fundamental para que os armadores dos barcos estiren os cabos que van a usar nas súas diferentes artes de pesca. Dado que non existe un punto forte onde suxetar os chicotes dos cabos para este fin, "supostamente" alguén pudo facer firme na zona alta da citada baranda e facer cedela ante a frescura da recente reparación de soldadura que un Taller de Camariñas realizou uns días antes das sinaladas datas de Semana Santa segundo se comentaba. Evidentemente todas as zonas portuarias requiren dun exaustivo control pero sería imposible ter todo correcto si todas as partes que usan ditas instalacións non colaboran, servizos, vixiantes, mariñeiros e algún que outro forasteiro. No que para nada estamos dacordo son en varias versións que circulan pola rúa como pode ser que os mariñeiros xubilados e visitantes que non estean asegurados no mundo laboral mariñeiro lle prohiban  dar o seu paseo. Sería inxusto aplicar dita prohibición e non a de deixar entrar coches a todo trapo que case fan trompos (ás veces) encima dos cabos que os mariñeiros teñen que estirar obligatoriamente en pistas longas pola lonxitude das madeixas e nas únicas instalacións posibles. Eso non quere dicir que fose culpa da barandilla, nin de Portos ou dalgunha suposta mala práctica, todos son rumores porque á hora da verdad nadie asegura haber visto nada e nunca, en ningún caso, culpa dos veciños accidentados, faltaría máis.  Tamén foron varias as versións que certificaban que dita barandilla non se arreglara nunca pola simple razón que levaba meses tirada e mal colocada, sufrira unha abolladura accidental fai anos (descartado o bandalismo) e acabou rompendo, reparouse pouco antes de Semana Santa, e polo visto en escasas horas vense abaixo por "supostas" malas prácticas de alguén que de seguro nunca creeu que podería chegar a ocasionar estas consecuencias. Incluso alguén pudo  mal acoplala encima das bases rotas (mal feito) e iso foi o que pudo confundir aos perxudicados.  Esta barandilla era finalmente reparada hoxe e a outra estábana recolocando tamén entre murmullos que sonaban un -si non sucedera algo grave, non estarían aínda arregladas-. Sexa como fora, mellor buscar solucións que culpables e convivir ca máxima precaución posible porque como ben din os vellos ditos, quen levou levou e neste caso grave aínda pudo ser peor. Abaixo nas fotos, podemos ver un lugar onde se practican estas malas formas de amarre (pola escasez de argollas no sitio) e de como sae o cabo (en malas condicións) dunha madeixa recén comprada e que vai ser usada para armar aparellos.

O cabo non sale en condicións e debe estirarse en zonas amplas


A escasez de argollas nesta zona fai que donos de lanchas amarren de mala maneira


9 comentarios:

  1. menos mal que inda queda xente caval que escribe con sentido comun,parabens camariñas directo e ojala que non vola suceder.

    ResponderEliminar
  2. Si señor moy ben falado,pero que moy ben almenos dis as cousas na de camaricomo son e non como a paxiñas.eu que solo poñe politica polo medio pero a verda e que sexa como fose un ahinda esta en coma

    ResponderEliminar
  3. Espero que el señor Ramon se recupere pronto.

    ResponderEliminar
  4. esto e saber dar as notisias.

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que todo canto escribiste é tal e como aconteceu............ Noraboa por ser tan neutral e non tirar para ningún bando e explicar con moi boas palabras o que si en realidade aconteceu......... tiña que haber moita máis xente coma ti..... Felicidades Mikel

    ResponderEliminar
  6. Moitas gracias polo teu comentario Noe...vamos fasendo o q podemos..saludos á familia

    ResponderEliminar
  7. eu penso coma ti noe,habia que haber xente como mikel que contaran as cousas como son.
    desde o meu anonimato...volvo a desir...jrasias mikel por ser como eres.

    ResponderEliminar
  8. Gracias a ti Magia por estar sempre aí e polos teus comentarios...Levas magia por onde pisas.

    ResponderEliminar
  9. o unico magico que hai aqui eres ti por o sensillo e gratificante que resulta entran en este blog.
    un saludo mikel.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo