Páginas

domingo, 24 de abril de 2011

A maior Mostra de Encaixe despídese por este ano con unha pasarela totalmente abarrotada

Neste Domingo de Pascua, pechaban as portas da maior Mostra de puntillas con un público totalmente volcado no último Desfile de Moda onde se facía entrega dos premios ás mellores coleccións que desfilaron pola pasarela do certame. Ás 5 da tarde, comezaba unha auténtica exhibición de modelos que se foron lucindo durante anos anteriores por consolidados e Grandes Deseñadores. A partires das 7 da tarde, os Noveis deseñadores e finalistas do certame, facían  o seu último pase para posteriormente escoitar por megáfonía e ante a atenta mirada de máis de 400 persoas que abarrotaban a sala, o nome dos gañadores. Un 4º premio onde era o xurado do público quen elexía, ía para Asturias (Xixón), o cronista de El Correo Gallego Jesús Trillo, facía entrega de 601 Euros a Mª del Alba Salas pola colección "Azabache". Un 3º premio dotado tamén de 601 Euros caía en Murcia, Olga Campos como Presidenta da Asociación de Empresarios de Camariñas facía entrega do premio a Mª Ruiz Llorca pola colección "Donde apuntan todas las flechas". Un 2º premio dotado con 1202 Euros ía para Granada, Luis Canosa de Frigoríficos e Conxelados Camariñas, entregaba o  premio correspondente a Isabel Molina Valdés pola súa colección "Un soplo de aire fresco". O 1º Premio levábao  a vizcaína Lourdes Giménez Vilanova coa colección "La máquina del tiempo", o Concello de Camariñas facía entrega deste primer premio de 2104 Euros mediante o alcalde da Capital do Encaixe, D. Manuel Valeriano Alonso de León "Pichurri".


Despídese deste ano 2011, unha mostra que posiblemente tivera unha lixeira baixada de número de visitantes pola simple razón que este ano tivo que loitar contra 3 factores adversos, a Crise, as datas altas  de fin de mes e o máis importante se cabe, o mal tempo que reinou estes días de Semana Santa na Costa da Morte. Con todo eso, foron miles as persoas que un ano máis quixeron acercarse a Camariñas e ver de preto unha Mostra que a pesares dos anos e dos cambios nas tendencias, segue en pé coa mesma forza e ilusión do primeiro día, un encaixe adaptado aos tempos cunha  elaboradísima e luxosa confección que Grandes e Xóvenes Deseñadores fan desfilar con Encaixe como principal protagonista. Juán Ibáñez de El Hormiguero, o profesor e presentador de Cifras e Letras, Jorge Mira e a guapísima presentadora, poetisa e compañeira de Jorge no mesmo programa da TVG, Yolanda Castaño, foron algúns dos especiais visitantes que se asomaron a Camariñas. Despídese polo tanto e por vixésimoprimeira vez, a Mostra de Encaixe máis importante dos últimos tempos.

Jesús Trillo esperando a que a encargada Dolores abrira a urna
Era ao remate do certame cando un grupo de modelos acompañaban a Jesús Trillo, cronista de El Correo Gallego cara a urna onde había depositadas miles de papeletas que ían introducindo os visitantes á feira da puntilla. O diario galego sorteaba unha viaxe a Manzaneda e como nome afortunado (ausente) saía unha veciña da Coruña. Na dereita da Foto, o concellal e director da Mostra, Sergio Caamaño, comprobaba in situ a elección da papeleta afortunada que sacaba a man inocende dunha modelo.




Yolanda atenta ante a actuación da Coral de Mulleres de Camariñas
Yolanda Castaño acompañada en todo momento  polo alcalde de Camariñas, sorprendeu aos alí presentes no día de hoxe, cando pronunciou no seu particular repertorio, unhas palabras da historia de Camariñas especialmente das mulleres palilleiras e da importancia deste producto para as economías das familias e o avance durante moitos anos das mulleres emprendedoras. Foi ovacionada en aplausos  cando remataba a súa intervención e quedaba emocianada no momento que era agasallada pola man de Pichurri cun broche elaborado con Encaixe de Camariñas en forma de Mariposa, broche que enganchou ao momento na súa chamativa chaqueta e pronunciaba un << vono meter moitas veces, encántame, moitas grazas >> Grazas a tí Yolanda por compartir con nós tan especial momento. Parecías unha camariñana máis. Despois chegou a guinda, a Coral Municipal de Mulleres do Concello de Camariñas, entonaban unha canción de Amaral preparada para o momento , despois o canto de Casiñas Brancas fixo que cando remataran, o público alí reunido pedira un Otra, Otra, e así foi, as ensaiadas e armoniosas voces entonaron unha terceira canción.

As azafatas Belén e Jenny
O mal tempo que reinou durante estes días provocou que por momentos a xente estivera recollida por Bares, Restaurantes e demáis comercios. No día de hoxe e despois de 5 días de Mostra, parecía que todo ía estar moi tranquilo, un día para as xentes da nosa vila  pero chegando a tardiña, unha morea de xente foise achegando e cerrando este Domingo cunha afluencia máis típica dos Xoves e Venres, lástima que o Sol comezase a sair para facer as maletas e regresar de vacacións. Perguntando en varios postos de venta de encaixes e as colas que por momentos se viron á entrada de Restaurantes tan só queda dicir para rematar estas palabras: O Encaixe é un referente importantísimo e cada ano máis.













Pichurri entregando o 1º Premio a Lourdes



Sergio Caamaño agradecendo aos visitantes da Mostra a súa presenza












ENCAIXES DE CAMARIÑAS - PRODUCTO DE CALIDADE

4 comentarios:

  1. jrasias mikel por estar aqui,por faser posible este blog porque para min eo mellor.

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ti Magia por estar ahí e polas túas palabras que incluso a veces me quedan grandes...de todo corazón Gracias a todos que cada día facedes que o barco sija tirando millas e carjado de tripulasión, a verdad que non esperaba tanta e tan fiel...Mikel

    ResponderEliminar
  3. Mui ben Miguel,por casualida sabes cando van as palilleiras de Camariñas a Peniche.Grasias Miguel.

    ResponderEliminar
  4. Lucía, según palabras do alcalde, o 12 de Xuño podería ser a data ideal para ir as nosas palilleiras a Peniche e firmar o irmanamente na súa particular Feira de Encaixes...gracias a tí por estares ao outro lado do monitor

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo