Páginas

sábado, 16 de abril de 2011

Un extraordinario Peregrino fixo a ida do Camiño de Santiago e está agardando a poder facer o Camiño de volta

Imaxe: Cortesía de CafeCoke (Madrid)
Esta mesma semana que remata, un peculiar Peregrino decidía por primeira vez na súa longa vida, facer o famoso Camiño de Santiago. Fai  poucos anos, case o animan a facelo pero dicíanlle que este tipo de Peregrinos como el, tiñan que pedir permiso cando pisaran por algúns terreos, entre outros, que si eran preto da Costa o permiso era indispensable, que se olvidara de pisar aínda que atallara. ¿Cómo? ¿Na miña terra non podo ir eu  pisando sin estropear ningunha prantación? ¿E cómo non von pisar Costa si a miña terra é mariñeira?  - Pois non osado Peregrino, debes facer o mesmo que fan os que son coma ti, ir pola Lei...Está ben, pedirei permiso a quen sexa pero farei a miña peculiar e plural  ruta, cargarei con follas de papel sacadas dos mesmos árbores que me farán sombra durante a miña camiñata, procurarei coller cantas máis follas poida e me permitan e buscarei a maneira que se plasme a firma do Rexistro, cos pes cansos e as mans moradas de aguantar o bordón ca cuncha, fan o mesmo os demáis peregrinos cando entran na Catedral, alí dinlle que son o número non sei canto. Despois reposarei, aínda que sexa ó carón de calqueira mesa ou caixóns, feitas dos mesmos árbores que me fan sombra na miña peregrinaxe e ata que me digan, Misión Cumprida, pode vostede facer o Camiño de Volta, xa quedou no Rexistro o seu número non sei canto, non voltarei a non ser que me tiren a patadas. E así foi como o noso máis extraordinario Peregrino, se armou de valor e comezou a súa extraordianaria peregrinaxe... 




Dende a Punta máis saínte de Camariñas, pasando por Xaviña, Dor, Allo, Brañas Verdes, Sta Mariña, Arou, Camelle, Ponte do Porto e algúns lugares máis, procurou abrir ben os brazos para poder tocar as mans dos máximos veciños posibles...Quen lle dera tocar a todos, parecía como si marchase para América, e claro, un pouco apesarado porque o seu Concello está disperso e con lugares moi amplos, por momentos non podía abarcar todas as mans dos veciños que el desexaría, e camiñando, quizáis pensaba, si vivo uns anos máis, voverei a facer outro Camiño e tocarei as mans dos que non puden tocar desta vez. Mentres tanto e con moito coidado, evitaba nos seus posibles non pisar Costa... Preguntou a un e dixolle que Costas o deixaba pisar por onde fose, preguntou a outro e  díxolle que non podía. Nunha tasca que parou a beber un bo viño, abría as páxinas da prensa e botou os ollos coma platos. ¿Desexa algo señor? - non camareiro, gracias... menos mal que puden ler á Vos de Jalisia, ninguén mellor que eles saben o que informan. Non podía pisar por onde eu quixera,  apresurar o ritmo dos meus pasos safoume dunha ben gorda.

- Moi bos días Peregrino, está vostede en Santiago pero a Catedral do Apóstolo queda á súa esquerda...Xa o sei bo veciño pero é que antes von xirar á dereita, quero pasar por San Caetano, dixéronme que alí había outro Rexistro e quería máis que nada, que me deran o número non sei canto por haber feito a miña ruta... Cos pes cansos e as mans moradas, aguantando o Bordón ca súa concha, como outros Peregrinos. 
Grande mérito o deste Peregrino, non era calquera cousa como el creía, atentos durante toda a súa ruta, estaban catro persoas que unha vez chegaron a Santiago, tiveron que collelo en palmas e metelo nun carrito e así foi como chegou PXOM, como adoitan a chamarlle e agora resposa como nos dixo, ao carón da madeira, a mesma que lle fixo sombra no seu  plural Camiño de Santiago e ata que lle digan, podes voltar á túa terra, Misión Cumprida, está firmada a súa peregrinaxe co  número non sei canto no Rexistro da Xunta, non pensa voltar, ¿aguantará un mes? ¿e dous?, quen sabe, quizáis aguante tres:



 
                                    "O PXOM é remitido á Xunta para a súa aprobación definitiva"

A primeira hora da mañá o PXOM de Camariñas saio cara a Xunta, os 19 tomos empezaron a súa viaxe definitiva e a máis importante. Pichurri, acompañado de Mercedes Concelleira de Urbanismo da Secretaria e a Arquitecta do Concello, entregarán esta mañá en Santiago no rexistro da Xunta o PXOM de Camariñas o documento mais importante elaborado na historia do Concello de Camariñas.

Despois da aprobación provisional, o PXOM foi remitido a Costas do Estado como é perceptivo, e tras obter o informe favorable de este organismo, remítese a Xunta para a súa aprobación definitiva.

Unha vez entregado na Xunta o Concello seguirá dando os paso que marca a lei e empezará a enviar os veciños as respostas as alegacións que presentaron.

Tras máis de dous anos de longa tramitación o Concello de Camariñas xa fixo o seu traballo, entrega un Plan que conta cos informes favorables de todos os organismos os que foi remitido.

Agora a pelota está no tellado da Xunta que conta con 3 meses para tomar unha decisión, que todos Camariñáns de ben esperamos sexa favorable, para de unha vez por todas ter unha seguridade xurídica a hora de construír, poder legalizar casas, e ter un documento  claro e moderno que nos diga como e onde podemos construír.


Texto inicial: Camariñas Directo - Fonte: Máis Camariñas

3 comentarios:

  1. Buenisima entrada con un tinte positivo e vitalista.Mikel buscando como siempre a verda

    ResponderEliminar
  2. cos informes favorables de todos os organismos os que foi remitido.
    sabes que eso e falso os informes son desfavorables

    ResponderEliminar
  3. e dijo eu,por que non os mandaron antes.sera que estan as votasions ahi e asi poñemoslle a culpa a xunta.
    por que non o enseñaron.por que estaba baixo chave.
    e ahora ainda poñen as fotos,a que chejamos.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo