Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

"Unha das palabras máis populares de Galicia ten o seu particular Monumento Natural en Santa Mariña"


Un repaso a nosa bitácora:

En calquera lugar da Costa da Morte é moi  común  atopar pedras con  curiosas e caprichosas formas esculpidas pola forza do vento e que ás veces che sorprenden e fan que te pares a observar e penses << que tal fai a Natureza >>. Hoxe volvemos a adentrarnos cunha pequena reportaxe  no Porto de Santa Mariña, no Concello de Camariñas. O  empinado  e valente pobo mariñeiro que vive  desafiando ao mesmísimo Océano Atlántico, posúe un auténtico Parque Natural e Virxe situado na pequena "Península do Capelo".  Unha manta pétrea formada por diferentes e variadas formas nas rochas  fixeron que o noso obxetivo apuntara ao Monumento Varonil por excelencia. Unha peculiar figura que se pode catalogar como Ben de Interés Mundial, chamado popularmente en Galicia " O Carallo "

Nada mellor que facer unha camiñata ou sendeirismo para poder ver a multitude de esculturas pétreas  esculpidas pola erosión do vento e do mar que se expanden dende o Faro Vilán ata Camelle, especialmente nas zonas de Reira, Trece, Monte Blanco, etc. De todos é sabido que temos a famosa Pedra do Oso, entre outras, chama tanto a atención que ata quixeron levala cando o Prestige nun camión equipado con grúa, pero afortunadamente a pedra animal voltou ó seu orixe. Poderíamos encher varias páxinas coas Paisaxes que nos brinda este rincón chamado Costa da Morte pero hoxe, especialmente, dirixímonos  dirección a Sta Mariña. Como partimos de Camariñas, ao chegar á parroquia de Xaviña, desviámonos á esquerda ata atopar a 1 km o lugar de Pedrouzo, alí volvemos a desviarnos á dereita e a 5 km temos xa o desvío final que nos leva ao valente pobo mariñeiro  que xeográficamente desafía ao tenebroso Océano Atlántico por unha pronunciadísima pista que morre na mesma Enseada do Colludo, no Porto pesqueiro de Sta Mariña (Camariñas). Xa sen baixar do coche porque o tempo non está moi propicio pola choiva que está caendo, á nosa dereita do pequeno porto, unha especie  animal que asemella escapado do Parque Xurásico, quedou petrificado mirando de frente cara unha enseada con un nome tamén un tanto curioso, a Enseada do Colludo, que podería facer toponimia de outra palabra galega con denominación de orixe, grande collón. Parece que se trata dunha mezcla de Humano con outro animal da Era dos Reptiles e que quizáis Steven Spielberg non se decataou que lle faltaba. Non nos queda máis remedio que apearse e sacar unhas fotos aínda que non sexa o mellor día.

Pero un non deixa de sorprenderse ante o que parece ser o Rei dos Inframundos e tan só a escasos 15 metros, vemos como unha especie de Hipopótamo tamén quedou petrificada cando intentaba alcanzar o mar na mesma enseada. Adentrándose uns metros no pequeno Parque Natural chamado Península do Capelo, divisamos antes da mesma punta, diversas figuras que asemellan cacholas humanas e un balneario entre as rochas que poderían facer uso as xigantes figuras reinantes durante a Era Primitiva. Uns metros máis adiante, unha Balea similar a Moby Dick mira atentamente hacia un punto en concreto que unha vez comprobado, podemos detectar ó que posiblemente sucedeu no momento da petrificación dos enormes seres que poblaban á zona fai millóns de anos, o membro dun ser humano que posiblemente nese momento estaba plácidamente tomando o sol e quedando fingado entre as rochas. E así foi como a mesma Natureza quixo que en Galicia, en concreto en Santa Mariña, quedase a máis importante Escultura Varonil de calquera parte do Mundo e que se podería catalogar perfectamente como " Ben de Interés Mundial". !! MANDA CARALLO !!


11 comentarios:

  1. ostia k pedra mas chula,,jajaja,,,a pedra do carallo?jajaja,,,impresionanteeeeeeeeeeee

    ResponderEliminar
  2. Moi bo traballo amigo!!!
    En breve ei facer na miña web unha reportaxe para dar a coñecer o teu traballo, e xa puxen un enlace no meu web.
    Unha forte aperta e sigue así!!!
    Pirata-Muxía.

    ResponderEliminar
  3. Un forte abrazo tamén para ti compañeiro...un saúdo para Muxía. Mikel

    ResponderEliminar
  4. jajajaja...manda carallo!!!!!
    non che sabia eu desta famosa pedra,jajajaja...inda que me pregunto si atopastes a outra parte que fixo que esta estivese tan en forma,jajajajajajajajajajaja....muy boa chaval
    MANDA CARALLO jajajajajaja...

    ResponderEliminar
  5. Jajaja Curro, podería ser esa que está no lado?..fíjate jijiji...un espesial saludo chabal

    ResponderEliminar
  6. manda carallo,entran en este blog e todo un placer jejeje

    ResponderEliminar
  7. si señor eres un fenomeno

    ResponderEliminar
  8. JAJAJAJA, PRIMOOOOO, NON DIJAS ONDE ESTÁ SINON QUEDAMOS SIN MULLERES,,,,,JOJOJOJOOOJOJ

    ResponderEliminar
  9. Non vio Puertas ainda se non facialle unha poesia
    un saudo
    xoan ferreira

    ResponderEliminar
  10. dirasme donde estaaa oooh k kero ir vela ca mulleer jajaja

    ResponderEliminar
  11. Pois, efectivamente, non vira este monumento viril tan fecundo das nosas costas.
    E, como mo está a pedir o meu amigo da infancia TISTA, vouno a complacer con esta carallada.

    ¡ MANDA CARALLO !

    Ala no quinto carallo
    fai un tempo carrilludo,
    e aquí non vale un carallo
    tendo un carallo peludo.

    ¡ Cago no carallo barbudo !
    ¿ Pa que se van a Canarias
    tendo un carallo cabezudo
    tan erguido e tan maduro ?

    Ando algo escarallado
    co trancazo que me fura;
    o escarallazo é amolado
    se a escarallación non cura.

    Vou ter que ir no carallán
    voando a Fuerte Ventura,
    pois chegas nun carallete
    e o carallazo se cura.

    O monumento o carallo,
    témolo ben merecido,
    con tanta auga de orballo
    medra como adoecido.

    ¡ Que tías mais caralludas
    aquelas rulas do illote !
    …e non te perdas as viúdas
    que están de carallote.

    Se me quedo sen caralla,
    a lo menos hai ricuras
    que che quitan a meigalla,
    e ves sen caralla dura.

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo