![]() |
Fotos: Camariñas Directo |
Tres días de infarto os vividos esta fin de semana en Camariñas, un deporte chamado Balonmán absorvía á mesmísima liga de Fútbol Nacional cun enorme Club Balonmán Camariñas Conservas Boya que non deixaba conquistar á Costa da Morte nin sequera aos favoritos Panelais Ciudad de Salamanca nunha final de fase de ascenso apoteótica. Rendidos e aplastados deportivamente foron os salmantinos ante un equipo e unha aficción de Primeira División. Todo un soño, HISTORIA en maiúsculas a que bordaron hoxe os camariñáns nun Areal totalmente abarrotado que dende o primeiro segundo do encontro sairon moi motivados e un Felipazo por toda a escadra avisaba do vendabal de forza, coraxe, calidade e goles que se lle viña enriba ao rival. De 4 tantos de diferencia en 7 minutos e chegando por momentos a doblegar o marcador, o imparable Camariñas Conservas Boya proclamábase xusto CAMPIÓN despois de vencer por 32-27 e ascendía directamente á 1ª División Nacional Masculina por primeira vez en Camariñas e na Historia da Costa da Morte facendo vibrar a toda unha vila pesqueira. !! Noraboa e Felicidades Fenómenos !!
Grandísimo Felipe- Fillo do exalcalde Bautista |
Un segundo de encontro e Quin saía a morder cedendo ao seu cuñado Felipe un balón que tiraba a velocidade de vértigo limpando as telarañas da escadra que o porteiro salmantino defendía regalando os ollos ante o cántico do futbolín que os ultra Boya redoblaban a golpe de bombo inxectándolle dosis de tensión que descargaba cun grito advertindo á súa defensa que estos eran o Camariñas Boya. A 7 minutos de encontro, os camariñáns vencían por 4-0. Atónitos estaban os canarios que acababan de disputar o 3º e 4º posto cun resultado final de BM Plasencia 16-29 Universidad La Laguna
Tempo morto para o Salamanca...Ehhhhh que el Camariñas se nos lanza, VAMOS VAMOSSSS. Pero a quién frenamos, al ALAN o a FELIPE?...a MONCHIÑO o a PERÓN? Y al Canedo?...Cuidado en aquella esquina con QUIN....UFFFFFFF, es que son TODOS, no veis que os están aplastando, que estos se nos vienen encima, hai que pararlos como sea....AITOR, PORTERO, olvidaros de la olla a presión de las gradas JODER. Que estamos a un minuto del final de la primera parte y vamos 20-10....Increible, VAMOS, VAMOSSSSS
O adestrador do Salamanca advertindo aos seus |
Comezaba a segunda metade e máis do mesmo, Víctor que defendía unha portería nunha acertadísima mañá, impedía que o Salamanca poidera acortar distancias e disipaba calquer opción de remontada. Tiros secos, por abaixo, por arriba, de volea e así ata puntuar en 32 ocasións fronte as 27 que atinaba o Panelais Ciudad de Salamanca. Remataba o encontro e comezaban os festexos que se foron prolongando polas rúas dunha Camariñas refrescada pola brisa mariñeira que tanto lles puxo a pel de galiña a TODOS os rivais que viñeron a disputar a Fase de Ascenso a Primeira División coronándose CAMPIÓNS o Club Camariñas Conservas Boya. Fin de semana histórico e inesquecible pola fazaña que uns Humildes e Grandes Heroes fixeron no mundo do Deporte en Camariñas e na Costa da Morte ...Estes foron os resultados nos 3 días:
Día 6: Ciudad Salamanca - BM Plasencia 44-27 - C. Boya- U. La Laguna 22-22.
Día 7: C. Salamanca - U. La Laguna 26-24 - C. Boya - B. Plasencia 34-30
Día 8: B Plasencia - La Laguna 16-29 - C. Boya - C. Salamanca 32-27.
Día 8: B Plasencia - La Laguna 16-29 - C. Boya - C. Salamanca 32-27.
A Deputada Marisol Soneira foi das primeiras en tomar asento |
De fondo Bautista Santos |
O alcalde Pichurri tomando asento |
Parte da grada |
En pé o adestrador Dioni e o presidente Andrés Cerdeiras |
O fotógrafo da Voz de Galicia Ferreiro |
Alan, o máis veterano do boya |
Os trofeos dos 4 equipos, o barco máis grande para o gañador |
Instantes do pitido final |
Ultras do Boya |
Pichurri entregando emocionado o trofeo aos Campións |
A rotonda do Campo convertida na Cibeles |
FELICIDADES CAMPIÓNS-ORGULLO CAMARIÑÁN
Fotos e texto: Camariñas Directo
felicidades fenomenos o que conseguistedes hoxe lembrarase para sempre no noso corazon,porque subir a primeira NACIONAL unha vila como Camariñas e unha fazaña.PARABENS.
ResponderEliminarenhoraboa a estes rapases.
ResponderEliminarun orjullo para camariñas.que todos se poñan a temblar,que estes van dar caña.
felicidades campeons.