Páginas

sábado, 4 de junio de 2011

David Bisbal estará o Sábado 11 no Aquapark de Cerceda poñendo o broche final á inauguración da temporada 2011

Xa está anunciado a bombo e platillo pero si aínda por algún motivo non te enterastes,  un dos cantantes máis famosos da canteira de Operación Triunfo estará o próximo sábado día 11 no Aquapark de Cerceda. É moi frecuente ver xente das nosas parroquias por Cerceda pasando cando o tempo o permite, unhas apacibles xornadas en familia e amigos e seguramente este día Bisbal contará cos seus incondicionais fans da costa, tan preto de nós, é moi difícil ver tan estelares actuacións. O prezo da entrada para o concerto custa 10 euros si a compras anticipada (Taquilla Caixa Galicia) e 15 si o fas no recinto. David Bisbal ten previsto actuar sobre as 24:00 horas acompañado da gran orquestra Aché que comezará tamén a súa actuación a partires das 22:00 horas. Sin lugar a dúbidas para os que sexan seguidores deste artista, quedaralles un recordo  inolvidable. Se queres saber o programa completo da vindeira Inauguración da Tempada do Aquapark que arranca o vindeiro Venres día 10  co día Infantil e que remata o Sábado 11 co broche de ouro do andaluz, pincha no enlace que ten á disposición dos interesados o Concello de Cerceda...



http://www.cerceda.org/actualidade/nova.php?id=1197&lg=gal

1 comentario:

  1. pois non o sabia,non pensaba ir por ahora a aquapark de cerceda,pero o dia 11 penso estar ali.viva bisbal.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo