Páginas

viernes, 17 de junio de 2011

A xuventude máis curtida en salitre aposta pola pesca e aumenta a flota en Camariñas

Xa se decía fai unhas semanas aquí que temos unhas leis antigas para unha flota moderna. A pesares de que a pesca de baixura está pasando por uns momentos delicados, son varios os xóvenes camariñáns que están apostando forte por unha profesión cada día máis extinguida na xuventude actual, lóxico e comprensible. Pero ¿qué facemos? ¿collemos todos as maletas e deixamos ó pueblo sin alma?. De momento son varios os homes curtidos en salitre, a maioría menores  de 40 anos os que van intentar subsistir no medio do charco oceánico e contestar non a ditas preguntas. Ata 5 barcos de golpe son os que veñen para o noso porto, un dos máis importantes da Costa da Morte. Son varias as familias mariñeiras que poderán traballar abordo destes buques e disminuir a lista do paro. Barrijas, Bernaldo, Pta da Buitra, Apóstol, Naxeiro  (en algún caso cambiarase o nome) e algunha que outra pequena embarcación tipo planeadora son as novedades  que se están incorporando ao censo da flota de Camariñas. Xóvenes armadores que libre contratempos e leis sen fundamento farán ao noso porto máis importante si cabe. Un gran redeiro e catro barcos máis de artes menores, son xa de Camariñas. Sorte compañeiros, esto chámase progreso.




Non sabemos si arriba, na Unión Europea, en Madrid ou  Santiago de Compostela saben ¿como? e ¿qué? se pesca pero está claro que todos a arte de enmalle os fondos mariños quedarían pelados. Na nosa costa quedan tres solucións máis para sacar as deudas que ocasionan as compras dos barcos, ir á nasa do polbo, ir ao congro e no vran ir á merluza. De momento os caladoiros máis importantes e onde máis abundan as especies é neste último. Esperamos todos que para o ano que ven as cousas cambien e deixen traballar con sentido e regulado pero con topes xustos e equilibrados para poder sacar unha embarcación adiante. Está claro que cun tope de 20 kilos por día e barco (con 6 homes mínimo) é imposible que cubra nin os gastos do gasoil. Traballar no mar nestes intres é case un delito. Seguramente hai que adaptar as leis á realidade e nadie mellor que o sector mesmo o sabe e poder sabelo os mandamáis non é difícil. Ou acaso o soldo mínimo de 600 euros e pico regulado en España pode sacarse de 20 kilos de peixe por 6 euros kilo? Si non axudamos ao traballador mal vamos. Aquí non se piden soldos para estar no paro, pídese poder traballar tranquilos porque a día de hoxe nin por terra, nin por mar nin por aire se pode respirar. Algo terá que cambiar senón os cabos acabarán rompendo pola parte máis débil...os mariñeiros.

2 comentarios:

  1. volvo a desir o que dixen unha ves,non nos deixan traballar.os que poñen estas normas nunca viron un barco de serca...que veñan a traballar do mar un par de semanas xa veras como cambian as cousas...
    para poñer as leis en calquer traballo primeiro que traballen en el para saber de que vai...
    mikel siempre das do clavo.

    ResponderEliminar
  2. Non sei donde mandei o outro comentario,pero desia que eston de acordo con magia,para ser un mandamais en calquer traballo,primeiro hai que pasar por el e vivilo.Un saludo.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo