Páginas

viernes, 1 de julio de 2011

Os lectores opinan que "Deberían advertir a planeadoras e motos acuáticas que anden con máis coidado"

A verdade sexa dita, esta enquisa debería estar publicada fai un par de días pero o tráxico accidente que sufrían os nosos veciños ca nefasta perda para sempre de Ismael (D.E.P) fixo que un quedara sin ganas de redactar entrada algunha. Como a vida sigue, non queda outra estimado Sergio e familia, hoxe facemos mención ao 81% de votos que os lectores de Camariñas Directo pincharon nesta enquisa relacionada ca Procesión do Carme de Camariñas. De todos é sabido que estiberon no punto de mira e ao borde da prohibición, entre marañas e duros pactos de conciencia por non perder unha costume histórica, unha das esencias das festas do Carme, o único día do ano que a Virxe presume de paseo e travesía pola nosa fermosa ría, Camariñas e a diferencia de outros portos conseguíu que seguiran adiante. Detrás de tan laboriosa organización, son moitos os barcos e almas que disfrutan do día mariñeiro, pero, a audiencia leva razón, "Deberían advertir a planeadoras e motos acuáticas que anden con máis coidado". Un golpe de palanca e acelerador move estas embarcacións en milésimas de segundo, as mans que agarren os mandos deben estar acordes 100% coa cabeza, imaxinade que unha persoa caiga nun despiste de calquer barco, mil vidas teña. Polo demáis, son moi necesarias, varias delas fan servizo de socorrismo si se precisaran, lobos de mar como Manolo de Gelines ou Toñito están a pé de cañón velando pola seguridade. Non ven mal congregar a todos os patróns de Camariñas establecendo unhas normas e conductas que ás veces superan os límites da seguridade e respeto incluso á Reina dos Mares, antigamente non se adiantaba ao barco que leva á virxe na ida e rumbo a Muxía. Si algún día pasa algo, Dios non o queira, podemos estar seguros que as procesións por mar serían eliminadas rotundamente. Estimados lectores, gracias pola vosa participación nesta e demáis enquisas.

3 comentarios:

  1. a verdade e que non sei como tanta suerte temos de que non pase nada.tiñamos todos que cumplir as normas,empesando por non adelantar o barco que leva a virxen.

    ResponderEliminar
  2. Estón totalmente dacordo ca maioría dos lectores que votaron. E digo mais si algún non pode coller colle-la embarcación porque vai beber, que faga coma no coche, "Si bebes non conduzcas", porque algún Patrón de Lanchas deixa moito que desear, se non que lle pregunten a un de Santa Mariña (non sei o nome, sei que era pariente de Ermindo) ou a Bruno... que o ano pasado adicábanse, non só a navegar sin rumbo, si non a mollar a pobre xente que iba nos barcos... Poñíanse o lado dos barcos e con unha palada avante a toda hostia a auga do mar chegaba os palos. Polo tanto sentidiño que despois pasa o que pasa. ---Estu---

    ResponderEliminar
  3. EU TAMEN PENSO K SE DEBERIA DE ANDAR CON MAIS COIDADO CAS PLANEADORAS, E MAIS EU LEBO UNHA PERO NON ANDO FACENDO LOCURAS DE MOLLAR NIN ADIANTAR BARCOS E CRUZARSE POLO MEDIO DELES SIN XEITO, ASIQUE SENTIDIÑO E A PASALO VEN E SEN DESGRACIAS K DESPOIS CHORAMOS TODOS

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo