Páginas

martes, 22 de mayo de 2012

Gas Natural Fenosa presentou un proxecto de repotenciamento do Parque Eólico do Vilán

Fai máis de 20 anos, un proxecto eólico prácticamente pioneiro en Galicia prantábase no entorno do Vilán e limítrofes sendo expropiados miles de metros cadrados de terreos privados a custes ridículos (incluídos parentes do presente). O aeroxerador máis potente de España por aquel entón (ano 1990) cun custe de 1500 millóns das antigas pesetas instalábase nunha das zonas máis ventosas da península levantando as súas aspas de 30 metros unha altura equivalente a 20 pisos e tellado, bautizado como AWEC-60, agora unha aspa serve de indicador ao lugar que foi tamén reclamo de turistas. Na actualidade, 23 aeroxeradores de máis de 1000 kw cada un e cunha vida de 20 anos esgotada, compoñen o actual parque eólico do Vilán (dos máis antigos de Galicia) cunha potencia totalitaria de algo máis de 3 megawatios. Cos anos, algún que outro particular tivo diferente sorte e xa non se aplastaba ao pobre tan descaradamente e todo aquel aeroxerador que pisara terreo privado sería aceptablemente bonificado aos seus propietarios. A día de hoxe e según fontes de Radio Nordés, Gas Natural Fenosa presentou un novo proxecto, máis potente en megawatios (4,2mw) e con tan só 3 aeroxeradores . No camiño topouse con Adega, a asociación ecoloxista pide "sexan retiradas estas eólicas polo grave erro histórico medioambiental " e que Vilán quede libre. Tamén consideran que os novos muíños que pretenden instalar van facer aínda máis dano nos terreos debido a que teñen que anchear máis os camiños, integrados na Rede Natura e no LIC (Lugar de Interés Comunitario) Costa da Morte, sendo necesario xustificar as "razóns imperiosas de interés público de primeira orde e demostrar que non se poden levar a cabo noutros sitios", consulta que hai que elevar á Comisión Europea. En pleno debate "protexer a nosa costa virxe e que sexa productiva económicamente ao mesmo tempo" abre un frente entre ecoloxistas e adiñeirados empresarios que consideran que os toxos e diversas paisaxes virxes, non producen traballos, servizos nin caixa.  No medio deles, a propiedade dos terreos...si é pública, beneficios para o Concello...si é privado, para os seus donos (entre outros).

3 comentarios:

  1. ¿e ti ke opinas das eolicas redactor?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si che sirve de algo...mellor enerxía eólica que outras. É máis saudable para a natureza que o petróleo. É máis, penso (cóllao como unha simple opinión persoal) que o diñeiro que moven estes últimos non deixar progresar (de momento) ás demáis alternativas. Saúdos

      Eliminar
  2. ...E, de paso, desmantelen ou non as eólicas, que nos devolvan as propiedades que nos arrebataron de xeito indecente, e que nos eviten gastos xudiciais...Temos escrituras de propiedade e facturas de impostos pagados...
    Cando nos expropiaron os terreos, nin nos indemnizaron, nin se utilizaron po fin que nun principio se dixo: replantación forestal( que fracasou ). Logo, derivou nas eólicas...
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo