Páginas

sábado, 2 de junio de 2012

40 anos de antigüedade non son suficientes para abater a un 600

Este mediodía chegaban a Camariñas dous conservadísimos Seat 600 (rodas tuneadas inclusive) que unha vez aparcados en pleno paseo marítimo deslucían a varios poderosos BMW e Mercedes. Fabricados baixo licenza Seat durante os anos 1957 e 1973 e cun prezo de saída de 65000 pesetas foron o medio de transporte máis emblemático da clase media traballadora española. Pouco a pouco, o mítico Seat con portas de abertura suicida iría en decadencia cas novas incorporacións do Renault 5. Que pensarán as novas xeracións dos pouco máis de 600 c.c e 21 c.v cunha velocidade de escasos 100 Km/h. O seu único carburador tragaba unha media de 7 litros de gasolina cada 100 Km. Poucos coches teñen un monumento "histórico" como é o caso do 600 (Fuengirola) e prácticamente ningún dos modernos e avanzados carros de hoxe en día se van ver despois de 40 anos desde a súa matriculación como sucede con esta parella verde azulada. Agúns deles descapotables e comerciais xa por aquela época (o ser humano avanzou pero pouco evolucionou), fabricáronse case 800 mil unidades das que se conservan menos de 10 mil no noso país.

8 comentarios:

  1. Hay mucchos enlaces para leer y unos cuantos para observar,lastima que no escribas mas,en directo saludos patron

    ResponderEliminar
  2. Mentres ía lendo o teu reportaxe sobre ós Seat 600, véume o recordo a miña vespa branca 150, matrícula C-33801, coa que me desplacei dende Abegondo ata Camariñas nos anos 50, recen deixado o meu querido pobo.
    Aparquei a miña moto a carón de Casino e, alguén sacoulle un retrato que puiden ver non fai moito, nunha exposición que fixera o citado casino.
    Levaba unha pegatina dun xinete montado a cabalo na parte dianteira...era unha verdadeira gozada aquela miña ben querida moto das miñas andanzas de mocidade.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Interesante nota Antonio como todo o que se relaciona con vostede.

      Eliminar
  3. Grazas, Mikel.
    Perdón, aquela viaxe miña na vespa, fora nos anos 60, e non nos 50, como dixen...¿ jolín, non son tan vello ! jajaja
    Antonio

    ResponderEliminar
  4. E, redundando un pouco mais no meu comentario sobre a viaxe na miña Vespa, vóuvos a contar unha anécdota que me pasou: dende a Coruña a Camariñas, toda a estrada estaba sin asfaltar, e tivera que vir preto de 10 quilómetros chupando roda ( mellor dito, chupando lixo ) dun camión que mo estaba a facer adrede aceleraba cando pretendía adiantalo,arrimándose a ezquerda e cortándome o paso, e frenaba ó seu antoxo, pa amolarme ( un cabronazo...) Entón, nunha destas, acelerei con todo o que daba o meu motoriño( mentre me fervía a sangre ) e adianteino pola dereita...planteime diante del, pa que pasara por riba de mín, si tiña c...Parou, e, despois de escoitar con certos aires chulescos as miñas acaloradas palabras, o final, pidíome disculpas, e cada un de nos proseguío polo seu camiño.

    ResponderEliminar
  5. Estimado Antonio, según leo estes comentarios seus, máis me sorprende o que leva dentro unha persoa que naceu nunha familia que significou tanto para a nosa vila, desenrolo e progreso da man da nosa querida Camariñas. Cantas historias máis que interesantes teñen para amosar aos amantes da lectura, da realidade, das nosas raíces, etc, xente maxistral como é o seu caso. Calquera charla, calquer imaxe do caixón da bitácora das que dispoña van altamente enriquecidas.

    Sobre o que di no seu comentario do que fixo ca súa Vespa, bastante impresentable tiña que ser ese conductor para ferverlle a sangue a unha persona de ben e sosegada como pode ser un poeta. Mándolle un agarimoso saúdo e sexa recibido como na súa propia casa...Ah, e boa pesca compañeiro.

    ResponderEliminar
  6. Meu querido amigo Mikel, se vostede soubera ben o amor tan grande que teño por meu pobo...Nel, non só nacín, se non que pasei os mellores anos da miña vida. A miña infancia foi moi feliz. Tiña uns pais adorables,uns irmáns encantadores, e, inda en tempos tan difíciles coma eran aqueles da posguerra, os nenos daquel entón, eramos inmensamente ricos en libertade, en creatividade, en compañerismo...Fomos tremendamente felices, amigo meu. Por eso, quero tanto o meu pobo. Por tódolos lugares que pasei, sempre presumín de haber nacido en CAMARIÑAS, E SEGUIREINO FACENDO ATA QUE MORRA.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo