Páginas

lunes, 9 de julio de 2012

Faleceu Mª del Carmen Lista Carril "Carmiña" aos 52 anos

Todo comezaba un fatídico día, seis anos atrás, cando un cáncer de mama se reproducía no limpo e sano peito que dentro albergaba un enorme corazón. O seu sorriso veuse abaixo pero co ánimo dos seus e a súa forza positiva Carmiña levantouse e sobrelevou como malamente pudo a súa enfermidade. Axudando ao seu querido marido a escoller camarón que despois vendería no mercado de Camariñas, Mª del Carmen non perdía os sorrisos que sempre adornaban a súa faciana cando se cruzaba cos mariñeiros no pantalán onde amarra a súa lancha Verónica, patroneada polo seu esposo Jamela. Xa facía varios meses que Carmiña, fortemente golpeada ca extendida enfermidade non se amosaba polos pantaláns e iso notábase porque se perdía a alegría que desprendía aínda que fose a contrapeito cando nos atopábamos con ela todas as tardes de faena. A consecuencia diso, o seu esposo, o mítico xogador de fútbol de todos os tempos no Camariñas F.C, tiña que amarrar á Verónica para dedicarse aos coidados da súa querida esposa. Día a día e segundo a dolencia consumía a Carmiña, os parentes máis próximos e a súa cuñada Teresa, inseperable dela ata o último segundo, poñían unha man a esta noble familia (a miña) para que non lle faltase ningún tipo de coidados á enferma ata a noite de onte...sobre as dúas da madrugada deste luns, recén cumpridos 52 anos, o seu dilatado corazón paraba de latexar no gran peito onde se ubicaba e a Virxe do Carmen recollía no seu manto para levar á Gloria Eterna, a carón de Deus, a nosa carismática veciña e prima deste redactor. Inxusto que con 46 anos, unha persoa sana en todos os aspectos sufra o golpe máis duro que che poida dar a vida pero inexplicablemente sucede. Faleceu pero o seu imborrable sorriso, SEMPRE será recordado desde o máis profundo dos  nosos corazóns. Deixa esposo, Juan, unha filla, Verónica e dous fillos, Juán e Manuel, aos cales ao igual que o resto da familia; no meu nome, da miña familia ao completo e de todos os lectores, transmitimos o noso máis profundo pesar e forza nestes momentos tan duros... D.E.P "Carmiña"

4 comentarios:

  1. Darlle o pésame a familia de “Carmiña” miña prima, sobre todo a Jamela e os sus fillos.

    A veces a vida é así de inxusta, como di o refrán “Tanto nadar para morrer na orilla”.

    Deus quixo levala un día coma hoxe no santo da súa filla “Verónica” e ademáis a unha semana de ser o seu Santo e Patroa dos mariñeiros “Nosa Señora do Carme”. Que Deus che acolla na Gloria.

    DEP PRIMA.

    ResponderEliminar
  2. Que a nósa Virxe do Carme, acolla a súa filla na gloria de Deus.
    D.E.P.
    As miñas sinceras condolencias para toda súa familia y súas amistades.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  3. Este poema, que un día compuxen sobre a estrada do nóso faro, onde vivía a Señora Carme,e que naqueles momentos estaba a darlle ánimos pa que escribira na páxina de Camarinas.eu, servíome de inspiración pa compoñer este cuarteto.
    Agora, vai por ti,Carme, onde queira que o volvas a ler.


    ESTRADA DO FARO

    Estrada que me achegas ata o faro
    con revoltas, camiñantes e piñeiros,
    arrédasme do pobo que mais quero,
    abeirando paxariños cantareiros.

    Montes, campos e tombos bandalleiros,
    casiñas brancas e ventos basculantes, 
    barcos peregrinos e miúdos veleiros, 
    da Costa da Morte ousados navegantes.

    Remexendo as augas o testudo Moedor,
    con remendos de azul e verde mantelo,
    que, po seu altar, agasallou o Creador,
    coas puntillas das espumas do Farelo.

    Érguese oufano o Villano aterrador,
    co seu sable aguzado e xusticeiro,
    mantendo a raia suradas, e mediador,
    entre ó nordés alporizado e guerreiro.

    Calmo nun recuncho agarimoso
    o espectro gardián do Soberano,
    magoado, choromiqueiro vitorioso,
    reliquia colosal do noso antano.

    Camariñas, miña eterna namorada, 
    de campiñas, de chousas e de praias,
    de tebras e luz de faro acompasada,
    de encaixes, caramiñas e de atalaias.

    Antonio Puertas.

    Tódolos dereitos reservados.




      

    ResponderEliminar
  4. QUEREMOS DAR AS GRACIAS A TODOS AQUELES QUE ASISTIRON O EN TERRO DA MIÑA FILLA CARMIÑA E OS QUE NOM PUDERON ESISTIR TAMEN GRACIAS DE CORAZON DE PARTE DA FAMILIA LISTA CARRIL CARMEN

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo