Páginas

jueves, 12 de julio de 2012

O barco "Playa de Traba" será o encargado de levar á Virxe do Carmen na procesión marítima


Como ven sendo habitual todos os 15 de xullo desde que o Carmen é Carmen, en Camariñas os barcos engalánanse para estar relucintes o día 16 que é cando se fai unha peculiar forma de rezar paseando e acompañando á Virxe do Carmen nunha travesía por unha das rías máis fermosas do noso país, a Ría de Camariñas. No medio da limpeza total das cubertas; loureiros, bandeiras, e algunha que outra inxeniosa artimaña particular forman parte da preciosa estampa mariñeira que lucirá a nosa flota o vindeiro luns 16.  Afortunadamente e libre contratempos, "Currodetrás" que xa confirmou a súa presencia, co apoio dos seus, elaborará un novo video da procesión marítima que seguro vai dar que falar como o fixo este mesmo publicado aquí no seu día. Foron moitos os mariñeiros que preguntaron quen era Currodetrás cando o viron por primeira vez e a música de fondo lles puxo a pel de galiña...as maís de 1600 veces que foi pinchado confírmano, é un dos nosos romeiros que máis sinte e vive as festas. Este ano, marcado polos recentes acontecementos familiares e ante a ausencia dun seguro colectivo (si pasa algo abordo dalgún barco, a responsabilidade corre a cargo do patrón) van faltar barcos míticos. Si as prediccións meteorolóxicas non cambian, espéranse ventos moderados de nordés durante a procesión. O Playa de Traba será o encargado de pasear á Reina dos Mares. Precaución, paz e boas festas a tod@s.

Fonte: Confraría de Pescadores de Camariñas

1 comentario:

  1. Certamente, un reportaxe impresionante este do 2011, incluída a súa música.
    Como, xa non vou a poñer mais poemas, seguramente ata o verán, o que hoxe vos deixo sería en lembranza dunha das festas vividas por min en tempos de rapaz:

    16 DE XULLO

    Hoxe é un gran dia de festa,
    cos Cazolos e o seu tambor
    e tres bombas de palenque,
    comeza nosa festa maior…

    ¡ Tiriri…tirirí…!

    Os mozos tecen os arcos
    con filigrana arredor,
    como trenzando bolillos
    mesturados con moito amor.

    ¡ Tiriri…tirirí…!

    Os foguetes, cal asubíos,
    ó ceo erguen noso fervor,
    ó ver a banda pasando
    con redobres de tambor.

    As campás voan bourando
    polos aires ca súa canción…
    É o día grande da festa,
    festa de nosa tradición.

    ¡ Tiriri… tirirí …!

    O pobo viste de gala;
    os balcóns seu mellor brasón,
    rebumbio de mozos na Praia,
    e o Carmelo sorrí co son.

    ¡ Tiriri…tirirí…!

    Xiran e xiran na ría
    nosos barcos con obsesión,
    e agardan a súa Patrona
    que dispoña na procesión.

    ¡ Tiriri…tirirí …!

    O Carme bendí os mares
    peneleiros porque chegou;
    ventos mareiros ca Salve
    …lembranzas de quen afogou.

    Estala o ceo ¡ pin, pan, pon !
    …a escape: un pasodobre español;
    agarda o xantar na mesa…
    e, con presa ¡ talán, tolón… !

    Verbena de Trovadores,
    Pucho Boedo o seu cantor,
    ¡ Non hai festa coma a nosa !
    ¡ a nosa festa é a mellor !

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo