Páginas

miércoles, 8 de agosto de 2012

Villegas, armador do cefalopodero Manuel Nores: "Bruselas non quere aos arrastreiros"

Foi publicar nesta humilde web que a Comisión Europea de Pesca lanzara un "misil" aos arrastreiros galegos e nunhas horas abríase un sano debate a carón da lonxa vella entre algúns dos mariñeiros daquí. Poucos daban crédito que o elevado poder da frota de arrastre recibira un torpedo na liña de flotación pero no medio, algún pescador convenceuse que en Bruselas os "contos non enchen" e iso de que se poida considerar pesca artesanal e cun futuro sostible aos barcos de arrastre non colou e segue sen colar entre as mallas dos aparellos que empregan. No Morrazo, principal porto de barcos cefalopoderos que faenaban en Mauritania viron como foron desfilando e atracando na tarde de onte en Marín, un por un, os máis de 20 barcos que pescaban polbo en territorio marroquí. Expulsados do único caladoiro que lles quedaba despois de ter que abandonar (por outras razóns) os de Gabón e Guinea-Bissau (por falta de seguridade) agora queda a incertidumbre sobre o futuro que lles depara aos mariñeiros que compoñían dita  frota. En Galicia e desde as administracións teñen pleno apoio (e comprensión) polo que o propio sector perxudicado culpa desta falta de acordo da Unión Europea á grega María Damanaki. O armador de varios cefalopoderos, entre eles o buque Manuel Nores, o señor Villegas recalcou aos medios informativos que "en Bruselas non queren aos arrastreiros e van a conseguilo" e o seu colega de profesión, Manuel Gago, patrón do buque Varalonga pensa o mesmo e doulle un voto de confianza aos nosos políticos asegurando que "eles si que saben de pesca e non na Comisión Europea". Os tripulantes (especialmente os mariñeiros de abordo) con cara de desolación e preocupación por ter que regresar ao seu porto de orixe e os propios armadores non descartan movilizacións si non hai acordos para pescar polbo ca modalidade de arrastre aínda que sexa noutros mares. Futuro negro o que se divisa para os mariñeiros...para os armadores quizás se aveciñen unhas suculentas cifras para levar ao cementerio á "todopoderosa frota de arrastre", progresivamente, claro está.

1 comentario:

  1. Entro asiduamente aqui e como di Juan nun comentario respiro aire fresco.Que diferencia leer nuns sitios e noutros,algun debia caerlle a cara de vergonza o repaso que pode dar un home sin nada a cambio e por eso deixo esta opinion en Camariñas directisimo por poder navegar por esta marabilla de web

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo