Páginas

lunes, 24 de septiembre de 2012

Os cadetes do Porteño e Muxía xogaron un amigable na Arliña desafiando aos fortes ventos e choivas

Cinco da tarde no campo de fútbol da Arliña, en Muxía e no medio da forte borrasca que azotou á Costa da Morte durante esta fin de semana, dous equipos de cadetes que tiveron que refuxiarse por uns intres nos vestiarios debido ao forte chaparrón que caía cumpriron co seu compromiso amigable que tiñan pendente no medio dunha increible escampada que a Virxe da Barca lles concedeu. Un céspede cun piso bastante irregular e dos poucos de herba natural que ainda se conservan congregaba a preto de vinte cadetes do Porteño F.C que maxistralmente son preparados físicamente baixo as ordes de Castro, mariscador camariñán, exporteiro da vila e de formas educadas e impecables a base de corazón e boa fé que varios días da semana rouba do seu tempo horas que adica aos seus pupilos. Acompañando na parte técnica, o adestrador Ordóñez, que prácticamente el só coordina todo canto se move arredor deste exemplar equipo, traballo que unha directiva precisaría de varias persoas, e que, cousas do destino unha vez tendo o pracer de haber podido cruzarme con el e ver de preto a legalidade que emprega con respecto ás fichas, bocatas e augas para os xogadores, trato exquisito con todos, etc, etc, etc que tan só se ve apoiado por pais que poñen o seu coche para facilitar o transporte (pendente de negociar un pouco co concello) destes cadetes e dando claro exemplo antipolémico en todas as facetas de modo tan altruista, convertido no único home que foi quen de xuntar un equipo de cadetes no noso concello, expresámoslle hoxe desde Camariñas Directo o noso agradecemento e que a sorte, deportividade e bo facer reinen por moito tempo. O resultado do partido, que as veces non é o que importa, foi favorable ao porteño por 1-3 e con este son tres de tres os partidos que venceron os Ordóñez-Castro neste inicio de pretempada. Preparadores e rapaces chamados a ser ser homes con ilusión e que pasan por alto que teñan os vestiarios onde adestran todos os días pechados, quen sabe, posibles vinganzas de palabras saídas de tono por algún directivo senior totalmente axenos a eles e con consecuencias que despois pagan os inocentes, os sempre inocentes "rapaces".

2 comentarios:

  1. tanto a diretiva da ponte coma de camariñas non valoran o futuro da xente que lle gusta o deporte e o ayuntamiento nin que decir que pase do futbol olimpicamente,de pena.Chapo maikel por nombrar a este equipo e a Ordoñez, kiskeles e outros mas,gracias polo que fan cos nosos rapaces

    ResponderEliminar
  2. animo chavales, este ten que ser o voso ano.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo