Páginas

miércoles, 31 de octubre de 2012

Camariñas queda sin tenda de "efectos navais" trás pechar as portas a única que existía



 

Como todos sabemos, bares, cadeas de alimentación e outros servicios básicos non faltan no noso concello pero outro tipo de negocios que un non sabe si rentables ou non, estamos totalmente aboiados, e nunca mellor dito. Armadores que fan centos de kilómetros para abastecerse con aparellos de pesca indispensables porque a única tenda de efectos navais que existía en Camariñas pechou as súas portas por xubilación. O Sendón, expatrón de pesca e armador  rexentaba o único servizo a pequena escala que necesitaba o porto máis importante da Costa da Morte. Segurísimo que un amplo local para a venda de cabos, redes, anzois e multitude de aparellos máis que se necesitan para a numerosa flota pesqueira do noso porto podería ser viable pero non é tentada por ningún empresario. Non caben dúbidas que un local como Dios manda e con precios competitivos no mercado actual tería movemento. Quen pillara unha gran tenda en Vimianzo, por poñer un exemplo, anque en Camariñas mesmo sería un forte alicente para que calquer armador do porto que fose, viñera a abastecerse. Acostumados a desprazarse a Coruña, a Guardia e tropecentos sitios máis, os mariñeiros deste recuncho quedamos sin rumbo cando faga falta unha simple bobina de mecha ou fío de atar e non sexa rentable facer centos de kilómetros (ida e volta)e ir a por ela. Tan só Juana´s Sport dispón duns anzois ou unhas poteras. A gran escala, non queda outra que depender de furgonetas (Palangre xa se lanzou á caza dos nosos armadores) e dos propios medios dos que se dispoñen a día de hoxe. Divina competencia que brilla pola sua ausencia. Eche o que hai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo