Páginas

miércoles, 17 de octubre de 2012

Enquisa: A quen pensas ir votar nas próximas eleccións á Xunta de Galicia?

Rematou a enquisa que estivo colgada durante vinte días aquí en Camariñas Directo. Unha enquisa a nivel local que de pouco vai servir e máis se escoitamos os principais medios xa antes de que se fixera ningunha a nivel autonómico onde dan unha maioría absoluta e aplastante do PPdeG pero como sempre indagamos a fondo nas nosas enquisas, estes foron os resultados mostrados por vós, con un único voto por pc e cunha participación bastante considerable polos lectores, o PP vai gañar en Camariñas cun 23% de sufraxios fronte o 14% que supostamente obterá o PSOE. De novo, o BNG non vai obter representación pero hai un vacío moi considerable que demostra que a xente non está moi pola labor de ir votar o 21 de outubro, unhas eleccións marcadas pola sombra do "rescate". Un 14% votará en branco e un 47% non pensa ir votar. Si estes datos se aproximan á realidade, moitas persoas están indecisas e de última hora poderían cambiar os resultados aquí mostrados pero todo apunta a que pouco máis do 50% dos camariñáns irán votar, a participación máis baixa que se recorda nos últimos tempos...


Toda esta desidia á hora de ir exercer o voto pode ser debida a que a xente está cansa, antes polo elevado gasto que as veces rozaba o despilfarro con imputacións nas diferentes formacións políticas incluídas e agora por tanto recorte e tanta austeridade cunha luz no horizonte que se asemella máis a un aro salvavidas que a unha solución. Saberá a señora Merkel que Galicia non é Alemania e necesítase de outras políticas? que aquí dependemos da materia prima e non de grandes industrias? que si recortamos e non recaudamos non sirve de nada? que é mellor morrer de pé antes que arrodillado ante un ministro de finanzas que sufríu varios atentados (consecuencia delo está nunha silla de rodas) no seu propio e poderoso país, a pesares que nesta crise vailles fenomenal? que si non temos calidade de vida ou si retrocedemos en sanidade e sobre todo en educación e formación dos nosos xóvenes non hai confianza na nosa terra? daranse conta que si non producimos de nada vale recortar en pantalóns cos bolsillos en por sí xa furados? daranse conta algún día os cidadáns de ben que Alemania e Francia non cumprían anos atrás co déficit que agora lles exixen aos países en quiebra e que eles mesmos montaron as convencións das que sairon ilesos, "yo me lo cuezo yo me lo como"? saberán os mesmos que unha Galicia sin apoio  á pesca, agricultura e gandería é como un coche sin rodas?. De momento, a sensación é (polo menos a miña propia) que en España non mandamos nada, que pouco poden facer os políticos e cada día menos, que as informacións de subidas de IVA, Recortes, Rescate e demáis problemas que nos atañen chegan desde o extranxeiro antes que da nosa propia patria. Servíulle de algo a Grecia ou Portugal o rescate? qué sensación che da cando falan deses países e agora de España?. O dito, ti mesmo, o teu voto decide, e, ainda que non sirva para os galegos esperamos deixar contentos aos nosos paisanos dos guiñoles burlescos e a toda poderosa Alemania por si un día nos traen limosna, si non existiran pobres os ricos non o serían tanto. Ou acaso é mentira algo do escrito aquí?. Correxíde este párrafo si vai errado pero a pagar os pratos rotos, os mesmos paisanos e a banqueiros, políticos e demáis despilfarradores que nos levaron a estes extremos, indultos, tratos de favor e finiquitos millonarios por facer o seu traballo "peor imposible".

2 comentarios:

  1. Totalmente dacordo cas tuas reflexions Mikel,,de pouco sirve recortar si con elo leva menguar servizos tan basicos e necesarios como sanidade e educacion.E necesario tamen politicas de crecemento.O sr,feijoo presume de galiza solvente!!mentras tanto os galegos fan equipaxe pa emigrar!!de que sirve unha Galiza solvente si llo sacan os xa flaqueados cidadans de a pe,e provocando mais pobreza??por que non se esixe unha maior contribucion as grandes riquezas que cada dia engordan mais o seu erario,sera porque non lles interesa??.By Kiños

    ResponderEliminar
  2. Gracias polos teus comentarios e comedidas reflexións Kiños. Saúdos a esas terras e bos ventos compañeiro.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo