Páginas

sábado, 17 de noviembre de 2012

4 goles non foron suficientes para doblegar a un Cabana que sufríu nos minutos finais

O dianteiro reforzo do Porteño "Michael" intentando sair das marcaxes

Comenza a carburar o Porteño e iso nótase na moral do equipo ao completo que pese a arrastrar mala sorte nos ultimos encontros, saben repoñerse de resultados adversos, de chuvia a destaxo en campos feitos un charco, de lesións en momentos cruciais do encontro, de erros arbitrais (sen mala intención pero ca mala sorte de perxudicar nos últimos partidos ao Porteño) e sobre todo prantándolle cara a outro dos 4 principais equipos favoritos a ocupar os postos altos que levan  obstentando durante os últimos anos.

Crónica do partido Cabana 5 - 4 Porteño:

Partido marcado pola intensa chuvia no campo municipal das Redondas o que disputaban esta mañá de sábado o Cabana fronte ao equipo rei e único do noso concello en categoría cadete, o Porteño. Un terreo de xogo (sempre dos mellores da costa) que xa se ve moi deteriorado (polo seu uso) en certas zonas do campo que non consiguen drenar a auga acumulada polas fortes chuvias caídas nas últimas horas e que anularon no día de hoxe todo o xogo en corto e de pase. Comenzou marcando o Cabana cun gol en propia porta dun Miguel que rende espectacularmente no seu posto de central e o dominio do centro do campo inclinábase segundo pasaban os minutos hacia os locais que aproveitarían a freada doutro balón precedido dunha xogada morta que a tiro lonxano (dos que saen 1 de cada 1000) marcarían o 2º tanto. Con dous goles en contra e prácticamente sen ocasións claras por ningún equipo ata ese momento do partido, o Porteño restaba distancias cun pase de Josiño que aproveitaría Michael superando aos centrais e ao porteiro cabaneses marcando o 2-1. A poucos minutos e cando máis entraba polas bandas o Cabana, unha cesión ao punto de penalti cun estrano de balón nunha poza desquiciaba ao porteiro Brais cando o dianteiro rival se anticipaba ao que parecía un claro despexe e marcaba o 3-1 a favor do Cabana. Foi na segunda metade cando o Porteño comenzou a controlar o partido, infranqueable pola zona de Miguel e Bruno e desta vez Álvaro aproveitaba o balón morto no borde da área precedido dun córner e marcaba un golazo poñendo o 3-2 no marcador. Seguían os erros en ambos equipos porque o balón non rodaba e de novo outro golazo desde fóra da área poñía o 4-2 a favor dos locais. Chegaba o ecuador da 2ª metade e o cancerbeiro Brais recibía unha pisada nunha xogada que o deixaba tirado na área e o infractor marcaba o 5-2. Tiña que ser retirado do campo e o xogador Pablo poñía os guantes e faría un papel impecable ante as abatidas do Cabana. Faltaba partido e nunhas trepidantes subidas e baixadas, cun centro de campo onde o Cabana perdía fuelle, a pólvora dos Ordóñez and Company estaba seca, e, Michael, moi activo durante todo o partido en posición de dianteiro e cun marcaxe encimado por dous rivais durante os 20 últimos minutos por decisión do seu adestrador, mandaba un balón ao desmarque dun David, golpeado tamén cos tacos e tocado boa parte do encontro, e que aproveitaría axustando o tiro ao pao e marcando un golazo que supoñía o 5-3. Crecíanse máis os pupilos de Ordóñez que acompañado por Carlos movían ficha dando saída a Álex e aos poucos minutos da súa entrada, en plena loita física  mandaba un balonazo  diante  que Michael  aproveitaría chutando outro balón imparable a dentro das mallas e poñendo o 5-4 final no marcador. O partido quedouse moi corto na segunda metade polas importantes perdas de tempo ocasionadas polas lesións e numerosos trocos. A vindeira semana o Porteño recibe ao Ponteceso no campo municipal da Grixa (Ponte do Porto) e xogarán ás 16:15 (libre contratempos de última hora). Un partido clave para coller moral e ver fruto do gran traballo que os xogadores, técnicos e público están facendo. Non nos cabe a menor dúbida que así será. Isto acaba de comenzar e queda moita tela que cortar "nadie regala nada". Aupa chabales !!

Goles: Michael (2), Álvaro e David.................................................................................
O árbitro: Ben, pero non vio o pisotón que sufríu o porteiro Brais no 5º gol do Cabana que non debería subir ao marcador. A pesares dese error non mostrou  mala intención nas súas decisións. Debeu tamén amonestar ao infractor que lle deixou os tacos marcados a David e aumentar polo menos a metade dos máis de 10 minutos que se perderon atendendo aos xogadores pisados e nos 7 trocos. Engadíu só 2 minutos.
Incidencias: Cando se solicitou as fichas dos xogadores, dous contrincantes desapareceron do terreo de xogo (un deles o porteiro). Sinalar tamén a actitude mofadora dos xogadores nº 8 e nº 7 do Cabana diante de todos nós, bailando samba e producindo importantes perdas de tempo ata que lle viron as orellas ao lobo intentando desquiciar aos xogadores do Porteño que en todo momento se mostraron impecables.
.
                                                     Nome: Bruno Castro Alvite
                                                     Idade: 15 anos
                                                     Nacido: Cereixo (Vimianzo)
                                                     Posición: Defensa Central










2 comentarios:

  1. Fui un bo partido, 4 goles non chegaron pero estubo ben.


    Bruno non salira xa en outro partido?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. David, Bruno saíu en portada e desta vez saíu dentro da noticia porque a presentación individual que se inclúe en cada portada vai de porteiro para arriba. Sairon: Brais, Damián, Gonzalo, Bruno e o próximo é Miguel. Con iso cérrase a defensa e despois tócalle ao mediocampo. Os dianteiros tócalle ao final, weno, dos titulares porque os últimos serán os menos habituais na alineación. Saúdos e gracias por estar aí. Ah, como te fijarías, de momento as portadas foron para Bruno, Antonio, un cacho de campo da Grixa e Michael. En calquer momento sae o menos pensado porque haberá espacio para todo o equipo. Sauda a teu abuelo.....Mikel

      Eliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo