Páginas

viernes, 16 de noviembre de 2012

A camariñana Marisol Soneira ocupará a Vicepresidencia 2ª na Mesa do Parlamento de Galicia



Este mediodía os principais deputados saídos nas últimas eleccións do 21-O facían xuramento no Parlamento de Galicia e saían elexidos os parlamentarios da nova Mesa do hemiciclo para os vindeiros anos con 3 deputados do PP e 2 do PSOE, os dous partidos políticos con máis representación. O deputado Xosé Manuel Beiras presidíu sobre as 11 da mañá, por ser o maior dos parlamentarios electos e acompañado polos máis xóvenes Eva Solla (AGE) e J.Ramón Val (PSdeG), a constitución da nova Mesa da Cámara da IX lexislatura. Como presidenta foi  re-elexida a popular Pilar Rojo e vicepresidente 1º o tamén popular, J.M Santalices. A gran nova para Camariñas e toda a Costa da Morte chegou cando sonou o nome da socialista camariñana Marisol Soneira Tajes para ocupar a Vicepresidencia 2ª. A Mesa do hemiciclo quedou pechada co nomeamento do secretario J.M Balseiro (PP) e a vicesecretaria, Concepción Burgo (PSOE). O recoñecemento a ampla traxectoria como Parlamentaria Autonómica desde a V lexislatura do Parlamento de Galicia é máis que merecido e todo un orgullo para unha pequena vila como a nosa. Non existe ata o momento (non se recorda) un "monstruo" da política e con tanta experiencia como Marisol Soneira, independentemente das ideoloxías que teña cada un. Codeouse e codéase con todo tipo de políticos das altas esferas, ocupou a secretaría de Movementos Migratorios na dirección do PSOE aparte de ser Portavoz de Emigración e de Pesca no Parlamento. María Soledad Soneira Tajes naceu en Buría (Camariñas) no ano 1954 e cursou estudios de Ciencias Políticas unha vez embarcada na militancia socialista e sendo edil do Concello de Camariñas. Agora ocupará un deses catro postos privilexiados para moi poucos  e facendo historia engrosará máis o seu descomunal currículum político cunha gran responsabilidade na institución máis importante de Galicia. Parabens Marisol !!
        
Foto e fonte: máiscamariñas

3 comentarios:

  1. elsilenciodeloscorderos16 de noviembre de 2012, 21:28

    Enhorabuena Marisol e todo un orgullo pa Camariñas porque a pesar que cando alguen e importante xenera odio e amor,nunca hay termino medio a tua esperiencia faiche ser sensata,Mikel non re ordas antecedentes parecidos porque nunca ninguen conseguio un posto similar.

    ResponderEliminar
  2. Que unha filla de Camariñas sexa elixida para un posto institucional de tan alto rango debe ser motivo de orgullo e satisfacción para todos os camariñáns. Efectivamente, non hai caso igual na historia. Noraboa, Marisol e familia. Os teus pais poden estar ben orgullosos.

    ResponderEliminar
  3. Noraboa a Sra.Marisol polo logro acadado.E un orgullo que unha veciña de camariñas ostente tan distinguido cargo.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo