Páginas

lunes, 5 de noviembre de 2012

Máis de 10 países conectan a diario con Camariñas Directo




Ante todo agradecer a confianza depositada nesta humilde ventana que en forma de comentarios expostos públicamente (máis de 500) e de maneira privada levan chegando a esta redacción durante estos 18 meses que foi cando se abríu o "ollo de buei" ao público dun buque virtual que comenza a recibir datos sorprendentes que nin de lonxe o presente houbera imaxinado. Non se vai falar do número de visitas (a pesares de ser o blog máis visto nesta categoría da Costa da Morte e máis) por unha simple razón, o mérito sempre é dos lectores que día a día pinchan directamente, e nunca mellor dito, expresamente neste enlace. Poderíamos (como nos recomendaron administradores de diarios importantes que nun caso en concreto enlaza con nós) promocionar máis as entradas aquí publicadas extendendoas máis nas redes sociais como twiter, facebook, etc, pero vamos a ser realistas...Camariñas Directo naceu cun holding gratuito nunha das plataformas máis potentes do mundo, "Google" pero o tránsito e sobre todo o espacio limitado cas mesmas condicións que naceu este blog á hora de almacenar 1 giga (en concreto en pikasa) necesita de reformas porque dun momento a outro poderíamos quedar a deriva e iso non se pode consentir. Máis de 10 países conectan a diario con Camariñas mediante este buque virtual . España á cabeza e países nos postos altos como Suiza, Reino Unido onde os nosos emigrantes non queren perder detalle  pero sorprende sobre todo Estados Unidos (imaxinamos que varios camariñáns ou amantes deste cacho de costa). Esporádicamente son varios países máis anque hoxe se faga mención a todos os que están expostos na imaxe da portada polo número de asíduos. Menciónase todo isto con ningunha outra pretensión ca de "agradecer" a vosa fidelidade e confianza depositada durante o pasado e presente. Non hai  miles de visitas diarias, nin tampouco a base de datos de blogger permite contabilizar unha visita en cada entrada leída, pero sí hai varios centos de pc´s diferentes que están embarcados nesta travesía que o único rumbo que ten marcado é o de divulgar información actualizada, reportaxes e curiosidades do concello de Camariñas e da Costa da Morte e con ningún ánimo de lucro. Imposible abarcar todo o que un quixera e actualizar (alternando este hobbie co traballo) todo canto merecen os lectores,  o máis importante do buque. A "si non o leo non o creo" e outras persoas que cando desexan colaborar con fontes de información que fan máis doada a labor de publicar...Chapó!!...Ante o respeto prácticamente absoluto dos comentarios que chegan para moderar e os enlaces que a miúdo colgan varios usuarios de redes camariñanas, especialmente en facebook "para sacarlle o sombreiro" e a todos vós:
                                    
                           GRACIAS POR ESTAR AÍ !!

Nota: Si queres que a túa empresa ou negocio aparezca nun enlace á dereita da plantilla, podes pedir información gratuíta poñéndote en contacto mediante os correos electronicos; camarinasdirecto@gmail.com - siempreole@hotmail.com...
           .O único requisito é que estea ubicada no concello de Camariñas ou na Costa da Morte.  

5 comentarios:

  1. jrasias a ti mijel por facer esta maravilla

    ResponderEliminar
  2. Istes resultados son o fruto recolectado dunha rigurosa informacion ecuanime e imparcial,que asiduos a esta paxina como eu que resido en Basilea,agradecemos que cando nos asomamos a esta ventana dixital sentimonos mais cercanos a nosa amada Camariñas,e por tanto o que o Sr.Director dista paxina informanos das novas que a cotio acontece por isos lares.Por iso,o agradecemento ea vostede por esta forma noble de facer periodismo e ser culpable de seducirnos co seu cometido!!Grazas a vostede dende Suiza e saudos pra todos

    Kiños

    ResponderEliminar
  3. elsilenciodeloscorderos5 de noviembre de 2012, 18:58

    Eu tamen son asiduo e todo se debe a que inda que non seas un periodista conoces xente e moveste pola rua que e donde de verdade se saben as cousas e para transmitilas poucos coma ti,levoche seguindo fai anos e non cambies,quiria decir tamen que gracias os que facedes posible que esto siga navegando PATRON.

    ResponderEliminar
  4. Tamén eu, únome aos comentaristas anteriores.
    Que ninguén veña a trastocar a túa formidable forma de levar esta páxina.
    Moitos de nos somos do pobo, nacemos nel, casamos, visitamos, ou, sencillamente, admiramos e queremos a Camariñas. Todos, temos cabida nél, sempre e cando nos acheguemos de boa fe, e con ánimos de concordia e de amizade.
    Penso que, ó resto, sobra.

    ResponderEliminar
  5. Cando acadarmos nosos obxectivos, estamos moi felices con iso.
    Nós sabemos que pasates a maior parte do teu tempo libre para alcanzar este obxectivo é, sin dúbida, de gran beneficio para muitos seguidores desta páxina
    Este obxectivo non sería posible sen a dedicación e manter a boa relasión cos teus lectores do blog,os mismos que expresan confianza en ti, pola tua dedicasión e sacrificio, por o teu compromiso ca información clara e transparente.
    Os meus agradecementos por esta gran conquista para Camariñas directo
    Aínda que é certo que a obtención de bos resultados é benvido. Tamén é importante saber que a túa participación é fundamental para o éxito.
    Grasias a ti Mikel...saludos

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo