Páginas

miércoles, 14 de noviembre de 2012

O sentido común de Zaira Rodríguez anda a voltas arredor da futura fábrica de tubos de pvc

Foto: Pipelife


Estos días estase a falar "e moito" de dúas fructíferas empresas que se pretenden instalar no Concello de Cee e así reconvertir a vila da Xunqueira como a máis industrializada da Costa da Morte (que xa o é indiscutiblemente). Por unha banda Mercadona xa ten o beneplácito do concello ceense e próximamente poderían comezar os acondicionamentos (luz, etc) do terreo que vai ocupar no polígono industrial e sumarse as demáis cadeas de alimentación e vacas que pastan as súas anchas no Polígono Industrial. Pola outra banda, a empresa austríaca "pipelife" está levantando polémica para dar e tomar e todo a raíz dunhas palabras "con sentido común" da actual alcaldesa popular  Zaira Rodríguez que en ningún momento rexeitou a futura fábrica de tubos xigantes de pvc que se pretende instalar nos antigos terreos da empresa Sícar. Decir que lle gustaría que esos terreos se adicasen á comodidade dos habitantes (paseos, etc) e intentar buscar na outra banda da ría a súa ubicación e sobre todo esperar polo  "informe do  impacto medioambiental" antes de dar o "si quiero" quebrou a conciencia especialmente do BNG e da CIG, estes últimos en contra da piscifactoría de Touriñán que agora fala portugués ameazando cun referendun popular si non sae adiante. Pipelife será sen lugar a dúbidas un balón de osíxeno na creación de postos de traballo pero Zaira non quere que afecte xa aos existentes (si o informe medioambiental é negativo), vinculados co marisqueo e a pesca apostando por satisfacer a todas as partes. Ramón Vigo tamén é criticado por compartir ca alcaldesa a mesma teoría e repróchanlle que pedira a fábrica de papel Ence no seu día e rexeite esta. Sexa como sexa, humildemente desde aquí, estamos convencidos que a fábrica de tubos acabará asentándose en Cee. O porto de Brens é un alicente moi importante para o depósito, descarga e transporte por mar. Os tubos miden 600 metros e precísase dun  remolcador para levalos ao seu destino. Con estas empresas e sobre todo con Pipelife, chegaría á Costa da Morte a primeira fábrica das últimas décadas. Preparen enchufes (para conectar a maquinaria) porque, dou, está dando e dará que falar, para ben e para mal pero a industria neste cacho de costa é necesaria para crear emprego sobre todo entre os máis xóvenes evitando así o sangrante goteo da emigración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo