Páginas

sábado, 24 de noviembre de 2012

A forte surada que azotou esta noite a nosa costa arrancou un finger e partíu pola metade un dos pantaláns do Club Náutico de Camariñas

Camariñas Directo

As rachas fortísimas de vento que durante toda esta noite  azotaron á Costa da Morte provocaron aparte de outros sucesos predecidos como por exemplo containers desprazados (non están amarrados) que un finger do pantalán do Club Náutico de Camariñas se desprendera co iate que estaba amarrado incluído. Afortunadamente non hai que lamentar daños pero o incidente non se queda aí. Tronzado pola metade quedou tamén na mesma zona do incidente un dos tres pantaláns de amarre dos que dispón o Náutico. Unha vez rota a pasarela, as cuñas cilíndricas que fan firme no fondo para suxetar as instalacións foron as que aguantaron do resto de compoñentes e das propias embarcacións durante horas de rachas que sen medidor algún, poderíamos asegurar que alcanzaron  máis de 100 Km/h. De haber fallado o firme, as consecuencias poderían agravarse  desprendendo todas as demáis embarcacións que nese momento estaban amarradas. Nestes intres, o encargado Moncho e a autoridade portuaria Víctor (entre outros, aseguradora, etc) están evaluando as actuacións de reparación que se van levar a cabo. Son diversos os ventos que calquer punto de amarre ten que soportar e sopórtanos sempre (afortunadamente) pero os ventos de Sur son letais para estes (que teñen o peirao de fora como barreira) e sobre todo para os tamén pantaláns dos que dispón a flota pequena artesanal (que non dispoñen de abrigo). Os peores temporais de Noroeste, Nordeste, Norte, Oeste e incluso Sudoeste son soportados satisfactoriamente por ditas instalacións pero o Sur clavado fai que cando as previsións meteorolóxicas reflexan ventos moderados e fortes, a totalidade das lanchas teñan que buscarse un cornecho polas diferentes ubicacións das que dispón o porto camariñán e teñan que abandonar os seus sitios de amarre que teñen fixados porque de non facelo as consecuencias serían nefastas con cada temporal de Sur.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo