Páginas

jueves, 6 de diciembre de 2012

25 aniversario do accidente marítimo que provocou a maior histeria nos habitantes da Costa da Morte





Quepasanacosta
Galicia estaba (e pode seguir estando en menor medida) acostumada a recoller toda a basura radiactiva a unhas cuantas millas da costa ata entrado o ano 1985 que foi cando o goberno de Felipe González actuou ante o clamor ao mundo enteiro de Greempeace e o barco Xurelo recollendo imaxes en plena faena de buques holandeses arroxando bidóns radioactivos, impresos en cemento a uns 3000 metros de profundidade (máis información en artigos interesantes). O Casón, que un mesmo día que hoxe (5-Novembro) pero do ano 1987 navegaba a menos de 20 millas da nosa costa ocurríaselle navegar en pleno temporal e con hermetismo absoluto da carga que transportaba. O buque, unha chatarra flotante, transportaba na súa panza unha ou dúas cabezas nucleares desmontadas da planta de Chernobil (publicado en Interviu), unha carga de 1.100 toneladas repartidas en 5.000 bidones, sacos e contedores de productos químicos e inflamables (xileno, butanol, butil de acrilato, ciclohexanona, sodio), tóxicos (aceite de anilina, difenilmetano, o-cresol, dibutilflato) e corrosivos (ácido fosfórico, anhídrido alifático), que se embarcaron en Rotterdan, Hamburgo e Amberes rumbo ao porto de Shangai (China). O material tóxico como o radio e o uranio a poucos nos quedan dúbidas de que sí  existían abordo ante tanto hermetismo. 

A tripulación formada por inexpertos mariñeiros, todos eles de nacionalidade china, non poideron controlar o incendio das bodegas 1 e 2 e recibiron a orde do capitán (o único que sabía realmente o que albergaban as tripas do Casón) de saltar ao mar. Varios golpes de mar ocasionados polo temporal reinante facían un corremento da carga que estaba en cuberta e ao poñerse en contacto ca auga unha forte explosión matou a unha ducia de mariñeiros. Histéricos os demáis, aínda hoxe se rumorea que subiron a ponte de mando e agarrárono pola gorxa ata asfisialo. Os nervios dos inexpertos mariños víronse alterados cando sobre as 6:30 da mañán o mandamáis do buque chatarra non quería recibir axuda dos servizos de salvamento españois por dúas razóns. Unha porque "disque" era caro e outra porque de saber realmente o que transportaba as consecuencias para el serían nefastas. Faleceu ao igual que os demáis 22 tripulantes (incluída a súa muller). Eran 31 e os demáis foron rescatados. A tripulación do Remolcanosa 5 declarou que as súas forzas desvanecíanse cando respiraron aquela nube tóxica que desprendía o cargueiro panameño cando intentaron sofocar o incendio e salvar á tripulación. Os 23 cadáveres foron repartidos por onde cadraba, na lonxa de Fisterra, no hospital antes chamado Juán Canalejo e as autopsias realizadas certificaron que case todos morreran por intoxicación de monóxido de carbono e un deles por asfixia (o capitán?).

 Despois sucedeu o peor, a maior histeria provocada nos habitantes da Costa da Morte ante a falta de información das autoridades correspondentes que nun principio ordenaran mandar centos de autobuses para evacuar a poboación principalmente de Fisterra, Corcubión e Muxía porque os remolcadores embarrancaran na mesma Punta do Rostro a esta bomba flotante que incluso se especulou que de explotar, un radio de 5 km estaría seriamente ameazado. Ante a alarma provocada, a histeria colectiva dos habitantes fixo que as autoridades saíran de novo á palestra e lanzouse unha mensaxe na que se especulaba que a histeria era voluntaria. A misteriosa información neste grave accidente convertido en traxedia (primeiro hai que actuar e despois reclamar rescate e non varar e despois intentar reflotar) provocou que nun principio ninguén quixera acercarse ao Casón para recuperar os escasos bidóns que queaban abordo...un importante político da época advertía "o van al Casón o voy yo en persona", un helicóptero despexaba de Madrid con rumbo a Fisterra...hai quen asegura que Fernando González Laxe (levaba semanas no cargo de presidente da Xunta de Galicia) reprochou a Felipe González que aquí non existían máis medios que os tractores e camións a caixa descuberta para carrexar os apenas 300 bidóns recuperados dos miles que transportaba e recibíu ordes de tranquilizar á xente pero xa era tarde e non conseguía calmar o pánico nin o desbordado e descontrolado evacuaxe. Unha enorme nube provinte do incendio que estivo activo varios días na cuberta do Casón foi a que alarmou a toda a cidadanía. O camariñán Marcial Mouzo que cubría en directo a noticia na Radio Galega aseguraba que se divisaba unha nube que "picaba na gorxa e os veciños poñían pañuelos na boca para poder respirar aquela basura" e razón non lle faltaba. A continuación, ese mesmo 10 de decembro, a TVG retransmitía en directo o fatídico espectáculo pirotécnico que o cargueiro estaba provocando 5 días despois do accidente e foi aí cando tamén a maioría de veciños do Concello de  Camariñas evacuaron. Os ventos de sur, aínda que os estudiosos non avisen, xa se sabe a ruta que leva e por sí acaso uníamonos aos máis de 15000 habitantes de varios puntos que estaban repartidos entre a cidade herculina e Santiago de Compostela. 25 anos despois aínda segue sendo un misterio a carga que transportaba o Casón. Si afectou á saúde, o que levou levou. Foi toda unha experiencia cando desbordados, moitos de nós éramos acollidos en hoteis coruñeses e foi todo un misterio todo o demáis. A conclusión favorable que podemos sacar (a única) é que a raíz do Casón estableceuse o primeiro corredor marítimo nas nosas costas e así evitar que os buques con mercadorías perigosas se acercasen á nosa costa. Se queres saber que pasou cos bidóns recuperados no medio dese chiringuito (outra cousa non parecía) varado intencionadamente a 10 metros de profundidade segue máis abaixo. 
Foto: Quepasanacosta
O goberno central decidíu llevar la carga ao cuartel de infantería de Parga, en Guitiriz pero os veciños montaron unha barricada cortando a carretera con neumáticos ardendo e impediron o acceso dos camións e ata houbo enfrontamentos ca Garda Civil. Despois de retroceder intentaron asomarse a Alumina-Aluminio (hoxe chamada ALCOA) en San Cibrao pero o comité da empresa tampouco deixou pasar os camións e ata abandonaron aterrorizados os seus postos de traballo e a planta quedaba totalmente paralizada. A raíz do parón brusco da maquinaria da planta houbo que repoñer outras máquinas que foron pagadas pola aseguradora do estado, Musini. Fixeron falta máis de 20000 millóns das antigas pesetas e convertíndose como o sinistro máis caro da historia de Mussini en España. Trasladada a carga do "Cason", estivo depositada no muelle de San Ciprián ata que fue embarcada no buque chatarra español o "Galerno" que faría esta ruta e sería desguazado. Devolvería parte da propina nuclear a Amberes (onde foi cargada no Casón). Un caso enorme, un Casón que ata tivo no Hotel El Hórreo en Corcubión a espías chinos que seguían de preto o desenrolo da actuación do Goberno Español. O alcalde de Corcubión por aquel entón, Rafael Mouzo foi o primeiro en prantarlle cara á realidade e os maletíns non fixeron efecto (quedan poucos políticos agora dese calibre) e colleu o toro polos cornos no medio da histeria colectiva máis importante da España moderna.
Ah, a planta de Alcoa  modernizou as súas instalaciones con financiación pública a cambio deste servizo e despedíu aos 23 membros do comité de empresa que bloquearon o paso da carga.
O Casón mentres tanto foi desgüazado pola forza do mar no sitio onde o vararon e restos de chapas da estructura do buque aínda pululan polos fondos próximos a día de hoxe



1 comentario:

  1. ... " O Casón mentres tanto foi desgüazado pola forza do mar no sitio onde o vararon e restos de chapas da estructura do buque aínda pululan polos fondos próximos a día de hoxe, "
    E, pregunmto eu, ¿ e o resto dos bidóns, onde están ?...No fondo do mar, supoño. Unha verdadeira bomba pa contaminar os nosos mares, se temos en conta o material que transportaba o Casón.
    Así, non é de extrañar tantas cousas raras que pasan na fauna marina, nin tantas enfermedades que están a padecer a raza humana.
    ¡ Que Deus nos ampare !
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo