Páginas

martes, 11 de diciembre de 2012

Bieito recibe emocionado o recoñecemento do seu pai no clube camariñán

Camariñas Directo

Este pasado domingo o estadio municipal Hermanas Patiño (Camariñas) congregaba a persoas vinculadas ao deporte no noso concello para homenaxear póstumamente a Luis "O Cotiño" antes do partido que enfrentaba ao Camariñas co Estudiantil. Foi despois do respetadísimo minuto de silencio cando Bieito, o fillo de Luis, recibía da man do alcalde "Pichurri" (tamén ex-xogador histórico) unha camiseta firmada por excompañeiros de equipo de Luis e o presidente do club da vila dos encaixes, Don Vicente Carril  facíalle entrega dunha placa en agradecemento á entrega que "O Cotiño" servíu ao clube camariñán durante case 20 anos. Facía anos, moitos anos que non se vía un ex-xogador da época no mencionado estadio do calibre de Manolo "O Panadeiro" pero por Luis alí estivo ao igual que  Moncho, Gerpe (adestrador do Porteño C.F), Berto, Julián, Eduardo, Suso, Pepucho (adestrador do Camariñas F.C) e Andrés (adestrador dos xuvenís do Camariñas). Foi unha emotiva e fría tarde onde a sombra daquel extremo áxil da época dourada e histótica dos 80-90 afectou positivamente nun Camariñas que firmou o partido máis completo ante un líder que non foi quen de romper á gran defensa neste partido e onde incluso o Camariñas pudo alzarse ca victoria nos últimos minutos. Parte da familia de Luis Campaña Carril, destacando a presenza de Gelinita, Sefa, Pedro e Juan Esteban, tampouco quixeron perderse este emotivo recoñecemento a un querido familiar e grandísimo xogador que fixo lenda na historia do Camariñas F.C. Don Vicente Carril lembraba emocionado ante este redactor os anos onde prácticamente exerceu de pai. Sempre estarás nos nosos corazóns "LUIS".

1 comentario:

  1. Si señor, era un tarde de frío … ou a alma estaba conxelada, baixaban as bágoas polas meixelas facendo o seu recorrido ata o peito.

    Facía moitos anos, pero moitos, que non entraba no Hermanas patiño, e si digo a verdade non me importaría seguir uns cantos anos mais sin entrar, a verdade que non me enterei moito do partido … Pero alí estaban vellas glorias do Camariñas, os actuais, familia e afeccionados… Moitas Gracias.

    Recordo que me dixo o fillo: Papá. ¿ Por qué non vimos mais a menudo a ver os partidos?... A sua pregunta quedou no aire … e a resposta dando voltas a Nosa Virxe do Monte.

    Moitas gracias pola homenaxe ó noso Primo “ O Cotiño”.

    ---Estu---

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo