Páginas

domingo, 16 de diciembre de 2012

Nada pudo facer o Carnota ante un Porteño superior

Camariñas Directo


Madrugaban este pasado sábado os cadetes do Porteño C.F para visitar o campo do Carnota e facíano ca importante recuperación dos centrais Bruno e Miguel. Non defraudaron os homes de Ordóñez e sumaron 3 puntos importantísimos ante un Carnota que seguramente irá de menos a máis coa batuta do veterán adestrador (ex-xogador do Celta de Vigo) Cambeiro. Solventou cun contundente 0-4 o Porteño facendo bo fútbol e tendo un control absoluto do partido pero o punto máis importante a resaltar na crónica desta semana quizáis sexa a sorprendente e impecable actuación arbitral, porque, nunca, ata o día de hoxe e compartido cos alí presentes, un árbitro rozou a perfección no seu traballo como o fixo o ribeirense neste partido. Chapó en todos os aspectos e cos dous equipos.

Crónica do partido:
Ás 10:30 comezaba o partido nun céspede ben drenado a carón do hórreo máis grande de Galicia e que viña de soportar as inclemencias da forte borrasca Nicky. Dominaba o Porteño ante un Carnota que tamén tocaba ben a pelota e demostraba firmeza en defensa e as ocasión claras de gol non aparecían. Foi no ecuador da 1ª metade cando Michael atrevíase a chutar desde case o medio do campo e maxistralmente poñía o 0-1 no marcador. Co dominio do partido e xa con máis confianza remataba unha 1ª parte con todo o equipo cumplindo ben o seu papel. Aos escasos minutos do 2º período David centraba un gran balón a área rival que de novo Michael remataba de cabeza e poñía o 0-2. Intentaba asomarse o Carnota pero a contundencia en defensa dos Ordóñez and company non daban trégua e no minuto 60, Álex (que entraba na 2ª parte) introducía verticalmente un balón e aí nacía unha fermosa xogada con tres tokes rápidos de balón producto de Manolo, Michael e a rápida reacción de David para chutar diante do porteiro o 0-3. Seguían controlando os vermellóns e no medio dun partido limpo, con poucas faltas e cun listón perfectamente tanteado polo colexiado, o lateral Jose Manuel incorporábase pola súa banda e chutaba axustado o definitivo 0-4. Tiñan un man a man os pupilos de Cambeiro que atallaría o improvisado cancerbeiro Pablo (Brais foi baixa por lesión) e Miguel remataba de cabeza un córner que rozaba o longueiro. Pitaba o final o árbitro ribeirense e firmaba unha actuación poucas veces vista, mellor dito, "nunca" vista en ningún campo nos anos de vida dos alí presentes. Así de simple fixo unha arbitraxe para enmarcar. O vindeiro sábado o equipo revelación da liga (calificativo dos nosos amigos de Piratas de Muxía e que compartimos) volve a xogar fora co Outes.

Goles: Michael (2), David e Jose Manuel
O árbitro: Un 10

                                               
                                                Nome: Manuel Canosa Blanco "Manolo"
                                                Idade: 14 anos
                                                Nacido: Ponte do Porto
                                                Posición: Extremo
                                                Outros datos: Formado no Porteño

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo