Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

O CEIP "O Areal" elaborou un interesantísimo calendario con imaxes dos principais oficios dos que se sustenta Camariñas


Cando un grupo de profesionais da educación se reunen e debaten, daí sae sempre cultura positiva. Os nefastos golpes recibidos nas mesmas entrañas do colexio non foron quen de tirar abaixo a súa ilusión e iniciativa de crear un calendario para o vindeiro ano 2013. Sin ningún ánimo de lucro e tan só ca satisfacción de plasmar cos seus alumnos os principais oficios que exercen os seus pais e nais e dándolle un repaso e valor á riqueza do noso contorno,  o CEIP "O Areal" non quixo recurrir a esas afamadas imaxes do Caribe nin calquer outro lugar paradisíaco e quixeron imprimir a "Vida en Camariñas". A fábrica de Cerdeiras, o Marisqueo, a Lonxa, os Transportistas de peixes e mariscos, os Redeiros, os Pulpeiros, os Percebeiros, o Encaixe e todos os demáis traballos elaborados con debuxos dos mesmos alumnos e cunha pequena recolección de fotografías dos propios traballadores quedáronse curtos e non polo completo e interesantísimo resultado senón porque moitísimos veciños están dispostos para vindeiras iniciativas deste calibre en adquirir un almanaque así ou calquer outra inciciativa con denominación de orixe, cas nosas raíces... aparte de desfrutar visualmente dunha realidade pura e fabricada na casa (todas as profesións son importantes pero si falla algunha destas, a cadea de supervivencia en Camariñas quebraría) tamén colaborarían co colexio. Este ano decidiron repartir os calendarios entre os seus alumnos  totalmente "gratis" e tamén incluiron nesas doazóns ás persoas que colaboraron para representar os diferentes oficios accedendo ás fotografías. Pola parte que lle toca a este redactor "Moitas Gracias" "Feliz 2013 a todos e todas" e aquí estamos "para o que faga falta" sempre que se trate de actuacións sanas, positivas e productivas como o son as mencionadas. Exemplo a seguir para que o nome de Camariñas estea no bo camiño e non na senda que a prensa nos está poñendo por "méritos propios". Abaixo queda unha pequena galería cos diferentes meses e formas de traballar cun espacio de agradecemento por parte do colexio de primaria "O Areal"...Grazas a vós mestres e conserxe

 (si pinchas nunha foto ábrese a galería)
:













6 comentarios:

  1. vamos seguir traballando polo noso pobo e polas nosas tradiccions felices festas a todos

    ResponderEliminar
  2. Toda a labor que sexa en beneficio do noso pobo, é digno de loanza; en especial, se ese traballo procede dos nosos nenos.
    O dia de mañá, saberán valorar mellor a riqueza que teñen, e saberán respectar o entorno marabilloso no que, en sorte, lles tocou nacer.
    Parabéns, pois, pa todos eles, e para os seus mestres.

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  3. Queda claro que a pesar de todo, nada os hace perder la ilusión y profesionalidad. Os felicito queridos y admirados MAESTROS. Camariñas se puede sentir orgullosa por teneros.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Cando o traballo faise con ilusión y sen escatimar esforzos, os resultados son sempre satisfactorios. Seguide así, a pesar de todolos pesares, o tempo darabos a razón.

    ¡Moita sorte!

    ResponderEliminar
  5. Que nunca caiades no desánimo nin no corazón canso, non so polos nenos e nenas senón por vós mesmos/as.
    unha mestra xubilada

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo