Páginas

domingo, 2 de diciembre de 2012

O Porteño deixa escapar 3 puntos nun partido para olvidar


Álvaro fixo un bo traballo no centro do campo



Seguidores incondicionais do Porteño
Este sábado disputábase a 6ª xornada da liga cadete coa visita do Porteño a Baio. Está dando sorpresas este campionato onde escolas de fútbol como o Xallas de Sta Comba tanto poden empatar co colista (a semana pasada) como hoxe arráncarlle a victoria prantándolle dous goles a un dos equipos que non perdía comba ao igual co Esteirana, o Cee. Máis do mesmo sucedeu cun Porteño que mereceu máis e que sendo sinceros, todos esperábamos que non se lle escapasen os 3 puntos no día de hoxe (sen desmerecer a ningún equipo) pero a liga é así, o fútbol non sempre fai xustiza e a pesares de ir por diante no marcador ata o descanso, tendo maior posesión do balón,  elaborando xogadas nun dominado centro de campo que tiñan continuidade polas bandas con moitísimo  perigo sobre todo na 2ª parte, non foron suficientes para remontar  os dous inocentes penaltis en contra e un gol en clamoroso fora de xogo que non viú un árbitro que exceptuando esta xogada e outras 2 máis mal amonestadas con moito perigo a favor do Porteño estivo ben. Acabaron desquiciados e cometendo o erro de protestar nada porque aínda que se pida o xusto,  ás veces (mellor dito sempre) é mellor calar, daí que o único central que tiña dispoñible Ordóñez acabara expulsado por dobre amarela. Foi un partido trabado por momentos onde a importante baixa de Bruno condicionou o esquema defensivo. O Porteño foi superior en fútbol pero non "no psicolóxico" e iso pagouno co 3-2 final a favor do Baio

Crónica do partido:
Dominou prácticamente o Porteño en toda a 1ª metade cun Álvaro que participou a un nivel alto nun centro de campo controlado polos pupilos de Ordóñez.  Mario acompañaba ao seu compañeiro e distribuía con fútbol de toke balóns que continuamente e sen claras ocasións de gol pupulaban pola área do Baio. Foi no  ecuador do 1º tempo cando Michael sacaba un gran córner que lle caía nos pes de David que sin pensalo dúas veces poñía o balón dentro das mallas e o 0-1 reinaría ata o descanso a favor dos da Ponte. Foi pitar o inicio da 2ª e aos 2 minutos escasos o Baio chutaba un balón sin dono que tomou dirección a portería do cancerbeiro Brais que obstruído por dous xogadores blanquiazuis (totalmente en fora de xogo) e sobre todo un que estaba a escasos 20 centímetros das súas manoplas, impedíanlle a visión e a pelota botaba entrando nas mallas supoñendo o empate do Baio 1-1. Non o estaba facendo mal o Porteño e nunha xogada sen aparente perigo, un improvisado central Damián abrazaba ao dianteiro baiés na mesma liña da área e o mesmo aproveitaba un pícaro xiro reclamando penalti por agarrón que era concedido e materializaban o 2-1 a favor dos locais. Seguía dominando o Porteño pero non chegaban ocasións claras agás algún intento de Mario, David, Michael e Álvaro desde fora da área. Aproximábase o ecuador da 2ª parte e Mario mandaba un balón ao espacio de Michael que noutra internada faría sair ao porteiro, dándolle unha asistencia a David que poñía aos seus compañeiros no partido xirando entre sí e chutando polo único espacio posible e marcando o 2-2. Aos escasos minutos os focos de tensión afloraron cando nunha xogada en profundidade que de novo Michael era agarrado e o colexiado aplicaba a lei de ventaxe ata sufrir outra falta clarísima entre trompicóns na mesma acción, non concedía a infracción (nin a anterior nin esta) e amonestaba ao dianteiro por protestar na banda. Impotentes ante as faltas que recibían (desta vez sinaladas) cada vez que creaban perigo, Alex  mandáballe outro balón a Michael que cando levaba superados a dous rivais pola banda esquerda, era arrollado de novo e desta vez o colexiado sacaba cartón vermello ao central do Baio, esaxerado pero posiblemente para compensar certas xogadas máis que discutidas á hora de aplicar a vara de medir. Seguía o control a favor dos vermellóns e as ocasións era desperdiciadas pola mala sorte, por caer en pe cabiado e pola gran actuación do coñecido porteiro rival que  incluso nun dos numerosos saques de esquina a favor do Porteño soltaba un involuntario puñetazo a Miguel que o árbitro non vería. Descontrolado e desquiciado, o central retrocedía nunha contra do Baio e facíalle unha  zancada ao extremo baiés caendo este na área e trás protestar a decisión arbitral sinalando penalti (claro) vería doble amarela (vermella). O Baio materializaba o penalti e poñíanse 3-2. Parecía increible pero anécdotas do fútbol fíxoselle costa arriba a remontada a un Porteño que cun home menos aínda creou perigo, moito perigo cun David e Michael que encaraban aos 6 defensas que acabou alineando o adestrador rival e o reso do equipo seguía cumprindo o seu papel. Seguía dominando nos minutos finais o Porteño e pouco antes do remate Michael íase desde o medio do campo de tres rivais e era agarrado descaradamente (chapó ao material das camisetas) por un, dous e un terceiro home que nin con esas conseguiron evitar que o dianteiro porteño se escapase e foi  o colexiado (equivocadamente) o que cortaba a xogada, pitando falta para amonestar a un dos tres infractores do agarrón pero no suposto caso de aplicar a ventaxe e amonestar despois o partido podería haber xirado cun 99% de posibilidades. A vindeira semana o Porteño ten dúas importantes baixas e recibe ao Fisterra pero como en fútbol todo pode pasar, Ordóñez, impecable coa motivación e decisións tácticas cos seus xogadores terá unha semana para preparar a difícil papeleta de suplir as carencias ante un rival que a priori sempre é forte. Aupa chabales!!

Goles: David (2)
O árbitro: Moi ben na 1ª metade - Na 2ª sen calificar....
Dato significativo: En casos puntuais deben limarse aspectos anímicos e físicos onde a labor de Castro é fundamental e necesaria durante os adestramentos ante o baixón físico que se aprecia nalgún caso puntual.

                                                            Nome: Mario Pereira Gómez
                                                            Nacido: Cereixo (Vimianzo)
                                                            Idade: 15 anos
                                                            Posición: Centrocampista
                                                           Outros datos: Procede do Soneira

1 comentario:

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo