Páginas

lunes, 10 de diciembre de 2012

Si as previsións non cambian espéranse ondas de 9 metros de altura o próximo fin de semana


Xa avisaba o mesmo día de entrada deste Outono que este inverno ía ter moito mar de fondo. Ondas de máis de 4 metros de altura están facendo presenza todas as semanas e polo tanto imposibilitando que os mariñeiros completen unha semana enteira de faena. Levamos varios días seguindo a fondo unha forte borrasca que de non cambiar a súa predicción comezará a enseñarse a partir do vindeiro xoves. O venres, os fortísimos ventos de sudoeste saltarán a oeste despois dun grandísimo chubasco que seguro vai anegar varias arquetas e os containers de basura (a non ser que se amarren) aparecerán novamente desprazados. A partires daí o mar de fondo na costa vai enfurecerse ata que ondas de 9 metros de altura descarguen a súa virulencia durante o sábado e domingo. Son moitos días para aventurarse pero todo apunta que vai ser un fin de semana dos de estar recollidos e con moita precaución. O peirao de fora de Camariñas (o máis seguro de todos os portos) volverá a convertirse en refuxio de gran parte da flota da Costa da Morte.


Foto: ABC

2 comentarios:

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo