Páginas

jueves, 3 de enero de 2013

A bombilla tradicional apagouse definitivamente no noso país



Comezou o ano e apagouse para sempre a bombilla tradicional de filamentos. Fai 2 anos foron retirándose as de 100 watios e continuou cas de 60 e únicamente se fabricaban as de 25 pero a partires deste ano as unicas que se poidan ver nas estanterías son estas últimas que quedaron en stock. No noso país chegaron a venderse máis de 100 millóns de unidades e na actualidade era raro o fogar que non tivera algunha instalada, ainda que fose nunha despensa. Chegaron a colorearse e era raro que no pasado non se viran os campos das festas decorados con elas. Aínda que parezca mentira, só o 5% do que producían este tipo de bombillas era luz e o resto calor. Atrás queda este invento que foi asignado inxustamente a Thomas Edison porque o que a inventou foi Joseph Swan a finais do século XIX e vendelulle a patente a Edison. Non caben lugar a dúbidas de que consumían máis electricidade e con menor eficiencia que as de baixo consumo pero o seu baixo custe á hora de adquirilas era unha das razóns polas que os españois non nos desprendíamos delas definitivamente. Ás actuais de baixo consumo, a Unión Europea dalle 3 anos de vida, o tempo asignado para retiralas do mercado e serán sustituídas polas innovadoras LED. Con estas medidas, a contaminación ao medio ambiente redúcese considerablemente e o recibo da luz (de momento) tamén se reduce ata un 30%.

4 comentarios:

  1. Qué pena, no haber podido competir en ese torneo !…Es un juego que me apasiona. Coincido con Moncho, en que debería de ser una asignatura en los colegios: ayuda a pensar y a desarrollar la lógica en los chavales; en el futuro, les sería de mucha utilidad en la vida.
    Desde mis tiempos de estudiante, he estado federado en varios equipos ajedrecistas, y he competido en infinidad de torneos.
    Siempre fui autodidacta, y nunca quise acatar la “ normativa “ escrita de jugadas y aperturas pre- establecidas en libros y manuales. Como, en definitiva, se trata de un juego, siempre quise ganar o perder, pero con mi sistema y forma de jugar.
    Así, fui capaz de tratar de tu a tu al gran maestro internacional ruso Igor Hhenkin, en una competición internacional del Teresa Herrera, quien acabó pidiéndome tablas, cuando lo tenía acorralado, después de más de 3 horas de juego. Y, otras partidas, que las he perdido “ gracias “ a ese juego de “ entregar “ fichas voluntariamente, para imprimirme a mi mismo nuevas emociones y desafíos.
    En fin, tengo este precioso juego muy abandonado por falta de tiempo, pero no por falta de ganas.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Perdón, me equivoqué al dejar este comentario que no viene a cuento.

    ResponderEliminar
  3. Alégrome que as novas inventivas vaian mellorando o noso mundo, pa que a nosa vida sexa mais doaba e grata.
    O que xa non vexo tan ben, é que un ben de primeira necesidade, como poda ser unha simple bombilla, nos saia nun ollo da cara, como é o caso destas de “ longa “ duración e baixo consumo.
    Estiven tres anos de presidente da comunidade de veciños, e decidín mercar un bo lote desas bombillas, contando que aforraríamos cartos, magoa que foran cartos tirados; pois, pouco mais aforrabamos con elas, ó estar entrando e saíndo xente do inmoble, e prender as luces a todas horas.
    Dicíame o vendedor, que ese era o motivo de que se consumiran axiña; estaban pensadas pa mantelas de seguido prendidas, e non cun automático con apenas minuto e medio de intervalo de luz.
    O que sí sei, é que eso de 20-30 ou 50000 horas de duración é un conto chino; polo menos, pa estes casos que digo.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  4. Estimado Antonio, xa supuxen que o 1º comentario non ía en referencia a esta entrada pero vindo de vostede daba mágoa eliminalo porque aparte deso tamen hai datos interesantes nel.
    Sobre as bombillas de baixo consumo estón totalmente dacordo co que expoñe e por esa razón moitos españois seguian usando as tradicionais. Pode ser que sexan positivas só para o medio ambiente porque para o recibo final acabarán facendo como cos pagos fraccionados mensuais (antes bimensuais)onde se paga absolutamente a mesma cantidade. Lanzan o engado e despois todo igual para os petos dos consumidores. Un saúdo compañeiro.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo