Páginas

lunes, 14 de enero de 2013

A pisonadora da Liga Cadete costoulle levar os 3 puntos do Hermanas Patiño


Soberbio e de gran nivel foi o 1º partido vivido este 2013 no Hermanas Patiño na liga cadete e que enfrontou ao Porteño co líder indiscutido Esteirana que a pesares de levar os 3 puntos, non o tivo nada doado este pasado sábado ante un Porteño que dou a cara, errou moi pouco e chegou a poñer estático a un respetado rival en varios momentos do partido. O resultado de 1-3 favorable ao Esteirana propiciou a victoria menos abultada desde o comezo da competición para o Barsa da Costa. Segue sumando todos os encontros por victorias cunha media de 6 goles a favor e medio gol en contra, tocan ben en todas as liñas pero neste encontro, segundo pasaban os minutos ían respetando e "moito" ao Porteño. Seguen demostrando que son líderes por algo,  inténtano polas bandas, polo centro, por alto e por abaixo e de maneira rápida, aparte, superon  aproveitar as escasas ocasións de gol.  Durante os 80 minutos de partido chegaron 4 veces e materializaron 3. Os pupilos de Ordóñez xogaron concentrados e cas liñas xuntas un gran encontro dando a sorpresa no terreo de xogo e nas gradas ante unha aficción rival que cando o colexiado pitaba o descanso e co resultado de 1-1 murmuraban piropos polo que se apreciaba no terreo de xogo "hoxe vense dous equipos" "ostras po Porteño" e que incluso recoñecían o clarísimo gol en fora de xogo que o árbitro lles concedía (supoñemos que sen mala intención) porque agás esa polémica xogada completou unha gran arbitraxe nun encontro altamente deportivo e prácticamente sen faltas. Mario marcaría polos locais un golazo pola escadra de falta directa e Michael chutaba desde o centro do campo un balón que rozaría o longueiro despois de despexar o bote un atentísimo cancerbeiro. Estas dúas xogadas e outro tiro seco de Michael desde o pico da área poñendo en apuros ao porteiro foron as únicas ocasións. O dianteiro David estivo encimado polo seu marcaxe durante todo o partido. A vindeira semana o Porteño viaxa  a Zas.


                                                         Nome: David Vergari Gómez
                                                         Idade: 15 anos
                                                         Natural: Ponte do Porto
                                                         Posición: Dianteiro Centro
                                                        Outros datos: Anteriormente militou no Vimianzo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo