Páginas

lunes, 21 de enero de 2013

Empate con sabor a victoria "visto o visto"

 Pueden pasar las asistencias?


Partido estrano desde que se fixou a data para disputalo, os de Zas esperando o sábado polos vermellóns do noso concello despois de quedar con anterioridade a data fixada para as 10 da mañán do domingo. Erro, despiste, falta de coordinación ou o que fose, o partido disputábase moi cedo e os da Ponte tiñan que esperar a que lles abriran o campo (no medio da chuvia) 45 minutos antes de disputalo (9:15). De novo (en terras zacenses) o xóven colexiado Rubén Reborido, coñecido polos visitantes polo encontro disputado en Baio (con derrota sorpesa do Porteño) sería o encargado de dirixir o encontro e outra vez máis demostrou que a falla de experiencia e a presión que xenera nos xogadores á hora de aplicar a vara de medir foi latente nestes dous encontros. De novo (desexamos que sexa por afinidade co concello federacional e non por "perrincha" co rival) perxudicou aos visitantes en xogadas puntuais (foras de xogo non sinaladas, saques de banda dudosos e varios puñados de área que ao longo de 80 minutos conv´rtense nunha pedra), con nulo diálogo cos xogadores ou sequera cos adestradores do Porteño (nunca apercibidos por ningún árbitro ata o momento) descontrolou a todos os alí congregados (incluído o público). Foron 40 minutos os que tardou o Porteño en despertar sobre todo no medio do campo e as imprecisións sucedíanse tamén en defensa e outra vez a balón parado recibían aos escasos minutos o 1-0 a favor do Zas. Xogada precedida dun contragolpe de David e Michael que foi desbaratada por unha dura entrada a David cando intentaba irse pola banda e que o colexiado non vería a pesares de quedar tirado no céspede. Non foi falta? reclamoulle airadamente Michael cando víu tirado ao seu compañeiro de equipo...Amarilla a quen abríu a boca...inmediatamente o delegado do Porteño intentaba poñer un pé no campo para prestar asistencia a David e que o colexiado vira a intención pero o xuiz da contenda,  ao divisalo espetoulle un "tranquilo, que aquí  mando yo"...diso ninguén ten dúbidas, faltaría máis, pero, un xogador está clamando axuda. Outra durísima entrada a Michael cando intentaba ocupar un perdido medio campo era perfectamente sancionada pero deixaba no peto a amonestación ao infractor e recibíaa David por protestar tamén airadamente, nin sequera un recado verbal (nulo diálogo). A pouco desta o dianteiro vermellón recibía outra dura entrada no pico da área rival e sinalaba o correcto tiro directo...Michael marcaba o 1-1. Incomprensiblemente, os nervios apoderáronse dun colexiado que cando quere demostra que sabe pitar ben pero 5 minutos despois pitaba (e non sancionaba ao central da Ponte) un penalti inexistente (e van 3 en 2 partidos) cando o extremo zacense intentaba escapar do marcaxe...unha brisa das que deixou a cicloxénesis "gong" arroxaba ao chan ao xogador. Tirouse o penalti e un atentísimo Brais detía o tiro con dificultades e cando gañou a loita con outro xogador rival "segundos despois do rechace" o árbitro pitaba e sinalaba de novo o punto fatídico...había que repetir o tiro, un xogador pisou área cando se chutou a pena máxima ( iso, os demáis colexiados pítano no mesmo intre e non despois de deixar continuar a loita do rechace). Os nervios segueron acrecentándose nos visitantes porque un duro xuiz aplicaba "con eles" o que non fan sequera os árbitros de 1ª división...outro tiro e gol, os locais crecíanse e poñían o 2-1 no marcador nuns 40 minutos de partido superiores ao rival trenzando xogadas e coa posesión da pelota. O Porteño firmaba unha nefasta primeira parte. No descanso Ordóñez movía fichas e daba salida a Álvaro e a Manolo. Foi a partires dese momento cando o Porteño se fixo dono do balón e chegaban balóns á dianteira pero de novo, un erro en defensa propiciaba o 3-1 en propia porta. Ou vamos arriba ou esto está acabado, iso foi o que pensaron os vermellóns e Bruno desquitaba o seu erro cun zambombazo case de área a área e poñía o 3-2  despois de batir a un cancerbeiro nervioso e novato. Martín e Iván incorporábanse tamén e sin nada que perder, acomplexados de "indefensión" ante un director de osquestra que na segunda metade pitaba mellor (pero seguía sen amonestar as escasas e duras faltas dos zacenses) e despois dunha vermella directa a un xogador do Zas por protestar, Michael poñía de novo táboas 3-3 no marcador a pouco do remate do partido cunha baselina rematada ca cabeza e conseguindo sair vivos e cun puntiño que sabe a victoria ante o "visto o visto". A vindeira semana o Porteño recibe ao 2º clasificado, o Cee e farao ca importante baixa de Michael. Aupa equipo!!


                                                           Nome: Michael Carril Toba
                                                           Idade: 15 anos
                                                           Natural: Camariñas
                                                           Posición: Dianteiro 
                                          Anteriormente militou nas Baleas, Vimianzo, Camariñas F.C

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo