Páginas

miércoles, 20 de febrero de 2013

Ánimos ao Porteño, disculpas aos lectores por esta breve ausencia e ata a volta


Este pasado sábado os malos resultados volveron azoutar a terra Porteña. Perdían os de Gerpe e a pesares que desplegan un xogo soberbio e limpio e tamén volvían á Grixa despois de varias semanas os cadetes do  Porteño e facíano ca moral un pouco baixa polos resultados adversos acadados nos últimos encontros. A mala sorte, a falta de picardía (varios xogadores é o 1º ano que xogan e queiramos ou non a experiencia cóllese cos partidos rodados) e a diferencia  cos demáis equipos á hora de ir a morder un balón cando o rival o ten nos pes (nesta difícil categoría "nadie regala nada") está levándose por diante un cacho de moral dun equipo que comenzou pretempada e competición con varias victorias consecutivas pero o fúltbol vai por rachas e según se desfruta das victorias "agora" é o momento de levantarse e todos xuntos levar as augas ao seu cauce e cada un dos eslabóns que forman esta cadea "animarse" porque aínda que se perda, non pasa absolutamente nada. Antes da resumida crónica do partido quixera en nome propio mandar unhas palabras de alento a todo este equipo de pupilos, adestrador e axudantes técnicos. Compañeiros que tiven o pracer de coñecer de primeira man e que forman parte de Camariñas Directo de forma incondicional dando exemplo de saber estar en todas as facetas, desde o porteiro reserva ata o último axudante e cun profundo respeto entre todos nós. Lamentablemente este redactor estará ausente unhas semanas, poucas e que provocará que durante uns partidos non se faga a crónica semanal pero que ninguén pense que os partidos desputados quedarán no olvido porque unha vez chegado de volta do traballo estaremos a pé de cañón. Un cañón que últimamente dispara pouco polo nulo tempo que me queda para escribir nada. Aínda que pareza mentira, elaborar unha noticia leva horas de dedicación (presencia, descargar e subir imaxes ata atopar a ideal, texto con rumbo altamente esmerado, resumo, etc). A pesares da enorme colaboración neste terreo, a miña ausencia vai deixar en pause este blog seguido a diario por moitos internautas, fieis ata a médula, daí as anticipadas disculpas por esta breve ausencia que se aveciña. Indo ao partido o Porteño recibía a un Muxia que está gozando dun bo momento futbolístico e xa ocupa a 3ª praza. Medíronse en pretempada e os pupilos de Ordóñez endosáronlle un 4-2 aos da vila da Barca cun fútbol memorable. Facían o mesmo en partido oficial en Muxía e sacaban un valioso empate a 1 goles e nembargantes no medio desta baixa moral polos últimos resultados, puntualizando, saltaron á Grixa cos brazos caídos e iso non pode volver a pasar. Este momento supo aproveitalo o rival e arrancaba os 3 puntos despois de vencer por 0-3 aos vermellóns. Uns vermellóns que perdoaron en tres ocasións claras que tivo David e que sí supo aproveitar o muxián Josiño e que incluso pudo incrementar o resultado de non haber sido polo soberbio traballo dos centrais e un Michael que baixou constantemente a axudar na súa área si quixo tocar un balón. Non acaba de carburar o medio campo (aínda que neste partido Mario firmou un gran papel) e iso nótase porque non conectan balóns controlados e rasos de atrás adiante como si o facían no principio do campionato e os balóns aéreos que non se dominan, lévaos sempre a defensa rival pola súa superioridade numérica ante os dianteiros porteños, sempre encimados por dúas marcaxes. Está sendo solvente a defensa pero por momentos os erros son consecutivos e hai que poñerlle intensidade e concentración como sí o fan os demáis equipos. A importante pegada vese truncada polos escasísimos balóns que chegan diante e mentres non respondan todos os eslabóns, a cadea non engrasará como debido. Volverá a Porteño a desfrutar das victorias e do seu fútbol pero hai que poñerse as pilas XA porque equipo teno. Como anécdota significativa, Pablo víuse obrigado a poñer as manoplas e respondío como se esperaba del, moi ben, dando a cara e traballando humildemente. Moita sorte equipo e ata a volta a todos os fieis lectores.

                                                      Nome: Alejandro Lista Martínez (Alex)
                                                      Idade: 15 anos
                                                      Natural: Camariñas
                                                      Posición: Centrocampista 

1 comentario:

  1. Boa sorte na sua laboura,Mikel.Meteranse de menos as suas cronicas,perfiladas cun estilo narrativo onde a tantos lectores consigues abstraernos.
    Saudos

    Kiños

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo