Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

O Porteño dou a sorpresa cun xogo memoriable ante o Xallas de Sta Comba




Chegaban este pasado sábado a cuadros os cadetes do Porteño e tiña que modificar varios aspectos técnicos o míster Ordóñez. Co lastre da baixa moral ante os últimos resultados, os vermellóns ergueron  a cachola e os que están chamados a tirar do carro deron un golpe de autoridade ante as escolas deportivas do Xallas de Sta Comba. Un equipo que estibo comodísimo desde o primeiro minuto de encontro e outro que quedaba anonanado ante o fútbol que lle bordaron todos e cada un dos xogadores visitantes colocados sobre o terreo de xogo cas liñas xuntiñas. O medio campo estaba fora de control nos últimos partidos e o adestrador porteño decidía retroceder ao pichichi do equipo para ocupar a coroa centrocampista. Cun xogo memoriable a base de toque e toque, asistencias por arriba, abaixo, a dereita, a esquerda, defendendo, atacando, hoxe toca mencionar a Michael porque bordou un partido a altura dos grandes cunha visión de fútbol digna de ver e iso contaxiou aos demáis compañeiros que en ningún momento sortearon un balón e volveron a crer nas súas posibilidades estando todos a un gran nivel. Un auténtico equipo ao completo que sorprendía incluso aos máis fieis seguidores. Aos escasos minutos David marcaba o 0-1 cunha gran asistencia de Miguel e poucos minutos despois Michael poñía desde moi lonxano outra asistencia que tamén aproveitaría David e non perdoaría poñendo o 0-2. A defensa segurísima, controlaba, cortaba e tamén distribuía pelotas a diestro e siniestro e un empurrón a Manolo era obxecto de penalti que  tiraría Michael e poñía o 0-3. Lonxe de baixar a moral, os de Sta Comba seguían intentando reducir distancias pero os Alex, Mario, Bruno, Miguel, Gonzalo, Pablo (que pasou a ser porteiro fai horas), Manolo, Josiño, etc, non lles daban trégua. Sairon a morder e cando estes once engrasan a auténtica cadea, é moi difícil ganarlles a contienda. Os locais poñían o 1-3 de penalti máis que dudoso e remataba un partido que lles devolvía un cacho de ilusión a este grupo de pupilos e técnicos que son un exemplo de compañerismo, educación e talento polos campos onde pisan, independentemente dos resultados que acaden. Foi un encontro con moita deportividade onde o colexiado só tivo que empregar unha vermella por dobre amarela ao central local pola durísima entrada que recibía un Michael que non se lle pode sacar un ápice  de mérito pola súa polivalencia nos postos que ten que ocupar polo ben deste gran equipo. A vindeira semana teñen outro duro exame ante o Cabana. Moita sorte "equipo" e pase o que pase, sempre de frente e con ilusión. Con traballo e sacrificio, seguiredes dando máis alegrías. Aupa Porteño!!

                                                          Nome: Pablo Agustín Castiñeira
                                                          Idade: 14 anos
                                                          Natural: Carantoña (Vimianzo)
                                                          Posición: Porteiro 

3 comentarios:

  1. Aunque este comentario mío, no está puesto en el lugar adecuado, sin embargo, quisiera hoy expresar a Don MARCIAL MOUZO, y al programa de RADIO GALEGA, PENSANDO EN TI, mi agradecimiento más sincero por el honor que me han dispensado en la inauguración de “ A FEIRA DO ENCAIXE” de CAMARIÑAS 2013, con la lectura de uno de mis poemas al inicio de su programa en “ A Casa de Pedra “ de nuestro querido pueblo.
    Gracias, pues, MARCIAL, y ENHORABUENA por tu programa.
    Esta fue la poesía:

    CAMARIÑAS DEL ALMA

    En tropel por abrazarse a tus tierras
    descompuestos jinetes de batallas,
    audaces trotamundos de mil guerras,
    delirantes corceles de tus playas.

    Cual, si finos bolillos, van bordando
    una costa de caprichosas calas,
    que la mar tenebrosa va calcando
    del cielo colosales antesalas.

    “Costa da Morte“, destino y morada;
    ocaso efervescente de otra vida,
    tenebrosa penumbra embrujada;
    “ abra cadabra”… hechizada guarida.

    Lamentos a una mar encadenados,
    tragedias de mil navíos prisioneros;
    abismos que retuercen endiosados
    gemidos de intrépidos marineros.

    En la cima de la roca más angosta
    me inclino, Camariñas, mi adorada,
    ante el templo sagrado de tu costa
    y el amasijo de tu arte y tu espada.

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Calquer comentario dun mestre das letras como é vostede estará sempre nun sitio privilexiado aínda que a entrada non faga referencia. O programa de radio foi todo un luxo, desde o principio coa súa poesía de fondo ata as horas que se prolongaron durante a noite a través das ondas por toda Galicia e o resto do mundo. Debido a miña axenda familiar e outros compromisos non puden facer presencia máis aló das 4 da madrugada. Marcial Mouzo víuse que estaba na súa salsa, co seu Don de saber retransmitir e coa súa vena camariñana alzando a radio ao máis alto da concordancia, gran ambiente e perseverancia coa súa labor de director dun programa indispensable das noites como é Pensando en Ti, moi presente nos mariñeiros que durante unhas tempadas traballan a oficios nocturnos sentindo a calor e o transcurso das chamadas dos ointes. Coidese moito e parabens señor Puertas, siga escribindo sempre porque é un privilexio saborear o seu arte

    ResponderEliminar
  3. Moitas grzas por todo,Mikel. Tantos eloxios me fas que, xa non sei que contestar; tan só unha cousa direi: PARABENS.
    Os teus reportaxes e a tua forma de narrar, son o traballo dunha persoa intexilente, coma eres ti.
    Unha aperta, amigo
    Antonio

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo