Páginas

sábado, 23 de febrero de 2013

Unha parte moi importante da flota camariñana toma rumbo ao Cantábrico en busca de verdel




Acaba de comezar a conta atrás da tan complicada ata a última hora "campaña do verdel" e nas vindeiras horas unha importante cantidade de barcos de varios portes da flota da Costa da Morte con Camariñas á cabeza  tomarán rumbo  ao Cantábrico en busca do preciado peixe que por natureza (sempre sabia) nada a velocidades de vértigo pola nosa península de norte a sur. Barcos que están a medio camiño como o 4ª Cabo Naval e outros como o Xurel Uno que xa levan uns días en augas do país vasco atoparanse cos veciños que irán subindo progresivamente. Con moitos flecos pendentes, dudas, negociacións, cupos, limites de días de pesca, elevados custes para os armadores das nosas costas, política, e máis política, definitivamente todo quedou como xa se adiantara aquí e noutros medios agás o día da apertura que se apraza dous días máis do 25 previsto anteriormente e será o 27 deste mes cando os primeiros anzois e redes intenten atrapar a "xarda". Volve o noso porto, a nosa xente, demostrar que hai que renovarse o morir e o que fai escasos anos era descoñecido para a maior parte de nós, incluída a palabra "verdel" agora está no epicentro da actualidade das trincheiras mariñeiras anque todo este tinclado requira de máis de 40 horas de navegación e varios días fóra do fogar, uns días que a nosa vila notará que lle falta parte da alma mariñeira. Foron moitas horas as que as confrarías de pescadores, armadores e mariñeiros tiveron que traballar conxuntamente (cun número importante de altas na seguridade social... !! si deixaran traballar a quen quere, outro galo cantaría nas listas do INEM !!) cunha especial mención á confraría de Camariñas despachando permisos a Madrid, Santiago e vicebersa para que os seus socios non lles quedara ningún fleco pendente para poder pescar a centos de millas dos seus portos e cunha Xunta de Galicia que dentro das súas competencias estibo a altura da súa importantísima flota. Agora só queda que a sorte e os ventos sopren a favor para que o importante desembolso, sacrificio, valentía e afán emprendedor das nosas veas mariñeiras teñan a súa merecida recompensa e a experiencia (primeiriza para moitos mariñeiros) siga extendéndose e recibindo apoio con sentido común (non máis peixe que outros paises pero tampouco menos) para dúas das prácticas de pesca máis respetuosas e nulamente esquilmativas co medio mariño, o cerco e o anzuelo. Moita sorte a todos.

3 comentarios:

  1. Boa sorte a toda flota Camariñana, que ca sua pericia e esforzo sexa xustamente compensada con grandes froitos!!

    Kiños

    ResponderEliminar
  2. MOITA SORTE, MIKEL, PARA TI E PARA TODOS OS NOSOS MARIÑEIROS.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo