Páginas

jueves, 24 de febrero de 2011

Abandono total e sálvese quen poida coas obrigacións a Portos e ao Clube Náutico de Camariñas



O Plus One convertido nunha auténtica mexilloeira
Si fai semanas o barco chatarra que levaba anos abandoado en pleno corazón do paseo marítimo de Camariñas era izado por operarios de Portos e desgüazado despois de que se fora a pique, onte era subido ao carro o Plus One (11 metros de eslora) tamén abandoado e amarrado nos pantaláns do Clube Náutico.O seu propietario,un cidadán inglés que frecuentaba o noso pobo con asiduidade desapareceu sin deixar rastro,bueno si, as facturas que quedan pendentes coa taxa X5 correspondente a Portos do Estado e aos servizos que lle prestou o Náutico durante 7 anos.Ademáis destes dous barcos, o propietario ten outro máis chamado Lady Gina e tamén segue amarrado nos pantaláns a velas vir.Non se saben os motivos polos que David tivo que desaparecer sen deixar rastro pero dende logo desta maneira deixa unha fatal brecha na vila mariñeira e ao Clube Náutico  unhas tarefas burocráticas moi complicadas,para empezar, limpar semejante barbaridade de mexilóns que se criaron polo abandono, falta de limpeza e mantemento do casco...




Plus One subindo a carro
David estibo vivindo en Serramo(Vimianzo) e por Camariñas tamén se deixou ver co seu automóvil heladería onde incluso ten regalado algún que outro helado aos rapaces.De todos xeitos, tantos anos no plan de abandono total non se chega a ningures e agora as consecuencias ahí quedan.Posiblemente o Clube Náutico de Camariñas teña que facerse cos barcos e intentar cubrir as enormes facturas pendentes, ben restaurado ata daría para facer unhas impecables rutas pola nosa fermosa Ría en tempos de vran. Portos actuará mediante o Estado coas correspondentes sancións administrativas...Estos días quizáis sexan onde un máis se lembre do programa de televisión dirixido por Paco Lobatón...Quién sabe dónde...

Ao fondo dos pantaláns podemos ver un terceiro barco do cidadán inglés, o Lady Gina ten 14 metros de eslora

1 comentario:

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo