Páginas

martes, 22 de febrero de 2011

A febre do Ouro está a todo meter na nosa Bisbarra


Son moitos os establecementos que se ven pola nosa Bisbarra recubertos con unha cor amarela e con unhas letras que din moi claro "SE COMPRA ORO", serve deteriorado, golpeado, restos e para os máis apurados nestes tempos de desaceleración económica mundial, incluso xoias intactas que se venden ante semexante demanda e pago ao contado. Pero, ¿por qué dende os últimos meses interesa tanto o ouro de 18 kilates para arriba ?¿Quén está interesado en invertir no preciado metal?¿a cómo pagan o gramo?.Se queres saber o que nos dixo un comprador e xefe situado en Cee onde máis abundan este tipo de compras na Costa da Morte, pincha máis abaixo.A pesares de todo,o que vende o que ten,mira para quen o leva,o diñeiro non vale nada pero ás veces as difíciles situacións poden levar ao que está sucedendo.



Moi amablemente (o cal se agradece) o encargado xefe dunha tenda en Cee confirmou para Camariñas directo que había unha grande demanda de ouro do goberno alemán.Este exercicio pasado a India tamén estibo pisando forte e adquiríu máis de 200 toneladas fundidas en lingotes de 24 kilates e segundo o CMO (Consejo Mundial del Oro) realizáronse reservas de máis de 3800 Toneladas con un valor no mercado de máis de 150. 000 millóns de dólares no ano 2010.Nestes tempos de crise o preciado metal bate record de prezos e os principais inversores de Bancos centrais cómprano para facer Reserva.

O prezo que pagan( ao contado) nestes negocios da comarca oscilan según o seu valor na Bolsa,este sube e baixa dun día para outro pero xa leva tempo non baixando o prezo do gramo en 15 euros e chegando case aos 20.Sexa pisado,restos ou intacto,todo é para fundir de 18 a 24 Kilates.Como anécdota lamentable,algún que outro empresario chegou a vender nun só día máis de 9000 euros en xoias anque a maioría son pendentes e outras xoias que quedaron sen parella.Non se sabe o tirón que vai ter,uns pronostican que xa non vai subir máis,outros din que sí.En definitiva,que se busca Ouro en calquer rincón de Galicia e do Mundo.

1 comentario:

  1. eu sempre que vexo un deses papeliños amarillos,non podo mais que pensar en que tan mal estan as cousas.
    e jrasias por haber xente que as compren.
    xa viran tempos mellores.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo