Páginas

domingo, 20 de febrero de 2011

Qué foi do barco de cerco camariñán Gallego José ?

                                                          
O Gallego José nas tarefas de limpeza do Prestige
A verdade que un sente pena cando lembra ao cerqueiro de Camariñas " Gallego José " dende o primeiro día da súa botadura no ano 1999. A embarcación construída en aceiro nos Asteleiros Nodosa de Marín era xemelgo do cambadés O Bahía. Este tipo de embarcacións de 18 metros de eslora e algo máis de 44 Gt de tonelaxe foron dados como aptos para a navegación no seu día, nembargantes 4 anos despois e trás o afundimento do Bahía nas inmediacións das Illas Sisargas con 10 mariñeiros abordo (foi a gota que colmou ó vaso), o Gallego José recibiría un "no apto" na estabilidade comezando unha auténtica batalla burocrática  para a estimada familia Caamaño, máis coñecida como Os Jallejos. Eso engadido aos problemas de saúde do seu patrón José fixeron que este barco tivera que emprender un novo rumbo...Asturias. Inxusta e mala sorte a que tivo este redeiro.





Este vran pasado os mariñeiros camariñáns podían observar como o Gallego José con un permiso especial de Capitanía encendía motores e trocaba de donos. O seu novo propietario, un asturiano, levou ao coñecido cerqueiro para os Asteleiros A Parrilla (Asturias) onde previsiblemente tiñan que baixarlle a ponte e engadir 2 ou 3 metros máis de eslora para facer así máis levadeira a estabilidade.  A lo menos eso era o que lles exigían aquí en Galicia. A xente do mar non comprende ainda hoxe como se lle pudo dar o certificado de estabilidade e despois cargar o marrón aos armadores. Antes de construir un barco mándanse uns proxectos e teñen que ser aprobados, e así foron no seu día senón non se podería construir. Quizás a partires dagora o buque teña outra e mellor sorte e poida navegar polas augas norteñas da península. Está previsto que o Gallego Jose (de seguro con outro nome) poida estar listo antes do vran deste ano 2011. Ata sempre Jallejo.

O Bahía (arriba na foto), era xemelgo do barco camariñán. No 2004 afundíuse á altura das Illas Sisargas (Costa da Morte), falecendo os 10 tripulantes que ían abordo. Este naufraxio volvía a conmocionar á xente da nosa costa.



Gallego José



3 comentarios:

  1. Ola Mikel. Noraboa pola páxina. Estás facendo un gran traballo.

    ResponderEliminar
  2. Bonita noticia Miguel xa que eu non sabia nada desto pero grasias a ti xa sei algo mais,un saludo muy grande.

    ResponderEliminar
  3. Ojala que teña mucha suerte,mas de la que tuvo el Gallego.Seguro que el tambien lo quiere asi.
    Mui buena noticia.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo