Páginas

miércoles, 9 de febrero de 2011

¿Qué pasa nesta rotonda cando chove con forza?

Calquer veciño ou visitante que se asome por Camariñas en días de forte choiva, atopou e vai volver atopar unha enorme poza que cubre aparcamentos na zona do Campo e ata chega a cubrir por completo, bordes e a mesmísima rotonda. Comentarios de todo tipo, culpables uns din Portos, outros o mesmo alcalde pero aquí non se trata de marcar culpables senón de escoitar solucións. Nada mellor que un operario que traballou na súa construcción o que poida opinar, quizás estea equivocado pero el veo asi, en concreto fala de dous erros leves e un grave. Formou parte na construcción de outros paseos marítimos en Galicia e vive fronte a nós, nun punto do Concello de Muxía, para esta persoa, o noso é o mellor paseo marítimo da Costa da Morte. Visto dende a súa perspectiva para que se acabe con estas inundacións non é tan difícil pero latoso. Si queres saber os puntos leves e graves para este humilde operario pincha máis abaixo, despois cada cual opine o que queira...

Resalta que existen un par de esquinas moi perigosas.Esta que se pode ver na foto e as dúas que forman a entrada cara a lonxa vella.Que a entrada ao peirao vello tiña que ser máis ancho.Solucións simples..abrir o taqueado da entrada e mover duas ducias de baldosas.A outra esquina facela redondeada e estas formando rampilla como en outras do mesmo paseo.


Máis latoso e custoso é a parte das inundacións..as cañerías de desaboque ao mar deberían ser máis anchas e por riba do nivel do mar no paredón de saída,de nada serve abrir arquetas máis grandes nas rampas e diferentes enlaces ca rotonda si a saída que desaboca ao mar é cuberta pola pleamar. As actuales arquetas de ferro liso por onde pisa a xente, en días de choiva patinan, especialmente na zona do Campo subindo cara a Praza do Curro..

Para a sua opinión, nin os gobernos da  Xunta nin os alcaldes teñen que ser arquitectos, delineantes ,inxenieros ,etc pero si saber elexir un bo equipo para que ningún eslabón falle. Aquí e neste caso fallou un.

4 comentarios:

  1. solo decir,que para arregar fallos.primeiro ten que habelos.si non donde estan?
    eu cometo tantos...

    ResponderEliminar
  2. Magia nas fotos estas vendo os fallos que teñen! Mais claro auga! Ademáis e boa verda que cando chove forte a rotonda esta chea de "unha enorme poza que cubre aparcamentos na zona do Campo e ata chega a cubrir por completo"

    ResponderEliminar
  3. pinguin tes toda rason.claro que hai fallos e xa deberian estar arrejlados hai tempo.o que pasa e que eu non supen esplicarme ben.
    cando se fai aljo,pensamos que vai quedar ben.despois si esta mal hai que arrejlalo.DEBERIASE.
    [creo que volvo a liarla]
    un saludo.

    ResponderEliminar
  4. oxe fui unha pasada o k se inundou a rotonda,,,non puden pasar nin dar volta a rotonda,,fui impresionante,,,saudos

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo