Páginas

domingo, 6 de marzo de 2011

Daniel Rego González é tamén brevemente entrevistado sobre o PXOM




Daniel Rego González
Fai escasos días e ante a importancia dun tema que atañe aos veciños da vila dos encaixes como é o PXOM, primeiro preguntábamos ao señor alcalde de Camariñas sobre certos aspectos en cuestión e eran atendidas e respostadas todas as nosas dúbidas. Desta vez, o máximo representante polas filas Populares do noso Concello, o señor Daniel Rego González, tamén atendíu cordialmente e á enteira disposición desta redacción, o cal tamén se agradece, unha breve batería de cuestións sobre algo tan importante como é o Plan Xeral de Ordenación Municipal. ¿ Por qué a falta de acordo ante algo tan importante para o desenrolo e ordenación dun Concello?. Estas foron as  respostas do xefe da oposición... 



D. Daniel Rego González é o candidato á alcaldía no Concello de Camariñas polo Partido Popular...Comezamos:
.................................................................................................................................................................
Mikel: ¿  Está Daniel dacordo en que Camariñas teña o PXOM ?
Daniel: Claro que estón dacordo. Un Concello necesita estar ordenado e ter redactado un bo pxom.

Mikel: Entón, ¿ Por qué non votou a favor e incluso denunciou a forma de aprobarse o PXOM de Camariñas ?
Daniel: Porque eu non entendín como me puderon avisar tan só unhas horas antes do pleno para a súa aprobación non dando tempo a avisar nas miñas filas e sen sequera poder velo. Eso é ilegal. Tampouco recibín respostas ás alegacións de moitos veciños que se senten perxudicados.

Mikel: Señor Daniel, e qué máis lle da, a fin de contas o importante era aprobar o plan e despois matizar mellor as diferenzas entre os dous partidos porque nos caía encima a nova lei do POL non ? Iso dificultaría e encarecería máis redactar outro novo e Costas excluiría de solo urbano zonas importantes en Camelle, na Ponte do Porto, Area da Vila, Rúa do Castelo etc ?
Daniel: Todo iso é mentira. O POL (plan de ordenación do litoral) non afectaría para nada eso que me dis. As liñas de demarcación de Costas seguirían igual,a 20 metros do mar. Eu penso máis ben que tanta rapidez por parte do Alcalde foi debida entre outras cousas porque o mal asesoraron e a Consultora Galega que foi quen redactou o plan quería cobrar. A disculpa da nova Lei do POL e o temor ante unha posible derrota nas vindeiras eleccións foron os alicientes deste plan express e mal feito.

Mikel: ¿ E logo vostede non vira antes como estaba redactado o PXOM ?
Daniel: A min  nunha ocasión chegáronme a dicir que o plan estaba en caixón baixo chave. Incluso técnicos competentes do Concello como son a secretaría me dixo que non lle dera tempo de velo a ela tampouco e cando lle preguntei si ela no meu caso firmaría, díxome que sin velo antes non sería lóxico. Nin sequera a arquitecta municipal o fixo.

Mikel: Bueno, para rematar, ¿ o importante para o pobo é que o PXOM saíu adiante non? Por fín se aprobou.
Daniel: Lamentablemente teño que dicirche que non, o pleno onde se aprobou está denunciado porque é ilegal. Con un Nulo de Pleno Dereito, a Xunta non acabará aprobando o plan para Camariñas. Estón convencido.

Mikel: ¿ E non sería mellor arrimar o hombro as dúas forzas políticas e non perxudicar con elo aos veciños ?
Daniel: Eu para arrimar o hombro, tería que saber que pasou antes con esas 600 alegacións e entre outros puntos de menor importancia, non ter tanto casco histórico. Prácticamente dende Buría ata o barrio do Campo teríamos que pasar por moitos filtros antes de construir, a cor nas paredes que che dixeran, as ventás como che ordearan e nunca aceptando casas con alturas de 4 pisos por exemplo. Eu si tivera a oportunidade de chegar a facer o PXOM, non o faría coa Consultora Galega, collería outra empresa.

Apretón de mans e con esto damos por cerradas todas as nosas conclusións.Fin da entrevista.

                                                    

2 comentarios:

  1. justame como o fas mikel,siempre hai que saber todas as opinions.
    un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben por as dúas entrevistas,asi ten que ser...Sigue asi campeón..

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo